30 novembro, 2009

O encontro con Séchu Sende

O pasado 19 de novembro, como no seu momento anunciamos, estivo na nosa biblioteca o escritor Séchu Sende para falarnos de Made in Galiza. Pero falou de máis cousas: de tantas, que pensamos que sería bo que o poideses comprobar por vós mesmos. Tendes aquí, xa que logo, dous videos que reflicten o encontro: o primeiro recolle a brillante presentación que fixo Cristina Mosteiro do autor, e o segundo as palabras deste.


29 novembro, 2009

Varela Buxán: un centenario, dous filmes, dúas homenaxes e case trinta anos


Conclúen hoxe, en Cercio, os actos de homenaxe a Varela Buxán, no centenario do seu nacemento. Cercio é o berce do primeiro poeta lalinense, Nun’Eanes de Cercio, e acolle no seu cemiterio os restos do dramaturgo que impulsou a primeira compañía profesional de teatro galego: A compañía gallega de comedias “Maruja Villanueva”, á que lle correspondeu a honra de estrear “Os vellos non deben de namorarse”, por expreso desexo de Castelao.

A Marela séntese culpable de non lle ter dedicado atención a este centenario e contribuír así ao desleixo co que, salvo raras excepcións, o mundo cultural e literario galego tratou e trata a Varela Buxán desde o seu regreso da Arxentina.

De todos os xeitos, dámosvos noticia de dous documentos moi especiais. Trátase de dous filmes en súper 8 producidos por DEZA, CINE POPULAR GALEGO e que agora poden ser vistos en flocos.tv.

O primeiro, Loita, é unha adaptación do Ferreiro de Santán, en cuxo guión colaborou o propio autor. O seu carácter afeccionado e os seus decididos contidos políticos ilustran, alén doutras consideracións, algunhas claves dos esforzos case anónimos da resistencia cultural durante a Transición

O segundo, Tacholas e Varela Buxán é unha peza miscelánea no que podemos atopar fragmentos dun “filme familiar” que testemuña o reencontro destes dous grandes do escena galega na Arxentina por terras dezás. Nunha segunda parte, podemos ver diversas imaxes da homenaxe tributada a Varela Buxán en Cercio,  en 1980.



27 novembro, 2009

LerENvenres (I): Alfanhuí.

Ando coa idea de que o venres é un bo día para visitar as miñas lecturas permanentes. Se a idea vai por riba, Alfanhuí é a adecuada para esta semana “inaugural”. 

A primeira razón compartímola todos aqueles que nos alegramos do premio a Don Rafael. A segunda ten que ver coa miña biografía lectora:

Non podo precisar cando naceu a miña fascinación polas palabras, nin cando empecei a coleccionar nelas dun xeito consciente. Pola contra, podo revivir o momento preciso en que me decatei de que non abondaba con coleccionalas, senón que había que ordenalas e poñelas en relación.

Viaxo ata aquel momento: ao tedio dos interminábeis estudos no internado ao que me desterraran, ao tedio que só podía soportar grazas a aquel Senda  ao que eu me agarraba como un galo de cataventos se abrazou a un tizón da fragua para non extinguirse definitivamente.

Alí estaban o galo de cataventos máis cruel e o máis vingativo dos nenos. Tratábase do primeiro capítulo de Alfanhuí que lin e relín ata case sabelo de memoria. e que lin e relín mil veces na memoria mentres observaba aos lagartos tecer, na parede da palleira de meus avós, alfabetos raros só compresibles para min. Eran os lagartos, aos que eu non me atrevín a matar, pero nos que adiviñaba as catro colores que me deberían servir para dourar os picaportes, para facer un reloxiño de area, para que miña nai tinguira os “visillos”  que non tiñamos, nin eu sabía que podían ser,  e, sobre todo, para eu fabricar A TINTA..., unha tinta dun ton sepia como nunca se vira, coa que eu había escribir as aventuras de Alfanhuí esquecidas polo señor Sánchez Ferlosio e que non compartiría con ninguén...

[Sígolle insistindo (levo un cuarto de século niso) aos meus colegas de Lingua Castelá que fagan do Alfanhuí a materia dun trimestre cando menos, porque sigo pensando que ante Alfanhuí non hai nin vampiros, nin nenos magos, nin nenas bruxas, nin zarapalladas mil que se poidan facer valer. Digo]

M. P.

26 novembro, 2009

Para vender e cantar

En liña co programa C@nt@s c@nt@s do ano pasado, tócalle este curso á Literatura de Cordel.
Tomamos o título do libro que Anxo Basterra, de Viravolta, rescatou para nós da súa ben nutrida e especializada biblioteca.

Palabras para vender y cantar: Literatura popular en la Castilla de este siglo, de Luis Díaz Viana, é un libro case fundacional no referido á rehabilitación e dignificación da (por tantos) tan deostada “literatura de cordel”.

Para abrirmos boca podemos ir botando unha ollada a dous sitios imprescindibles: á fundación Joaquín Díaz leváronnos Celsiño e Guti, ao Proxecto Ronsel chegamos da man de Pablo Carpintero.

No primeiro atoparedes unha magnifica colección dixitalizada de “aleluias”. Que extraordinario potencial pedagóxico!

No segundo, Alberto Bouzón pon á nosa disposición a súa colección de pregos de cordel. Utilizamos ese triángulo pra o desencanto dos tesouros?

15 novembro, 2009

Contos, cantos, queixo e viño.


Veu contar Quico Cadaval a Lalín. Contou, fixéronse as doce da noite e, cando eu pensaba que non había mellor xeito de comezar a fin de semana, vai e aparece Guti de Sanabria. Viñera porque quedara aquí con Quico.

A Guti xa o tedes visto neste blog. O caso é que, como a outra vez, tróuxome un agasallo: unha botella de viño, un queixo e un disco (La cultura oral en el parque de Sanabria y sus alrededores). Guti si que sabe! Alimento para o corpo e para o espírito, que diría o outro.

O disco comeza co “Volteo e toque festivo de Campanas” de San Martín de Castañeda (unha gloria para ouvir e para espantar as morriñas deste domingo de inverno!) e remata cunha versión do antiga peza teatral “Los bandidos de Toledo”.
Nesta última, María Álvarez (de Porto de Sanabria) púxome a pel de galiña: Narra parte dos feitos en castelán, xeralmente en romance; e fai resumos, ao tempo que dá explicacións, en galego... toda unha lección de técnicas narrativas e interpretación.

E a que viña todo isto? Vale, podería ser porque vos quero recomendar o disco (que o fago), pero sobre todo é porque coñecín a Guti grazas ás Actividades da Biblioteca. Si, esa que unhas veces nos dá tantos desgustos, pero que outras nos trae amigos dos que nin sequera oiramos falar (e non só libros).

14 novembro, 2009

Una recomendación: "Villa Triste", de Patrick Modiano

Para aquellos lectores que gusten de las novelas donde la descripción anímica y sentimental de los personajes y ambientes pese más que las idas y venidas de la acción, esta es su novela. Si, además, ese lector siente apego por cierta estética sesentera (niños-bien, guapos, de vida bohemia, guateques, relaciones fugaces...), encontrará aquí una horas de lectura muy agradables.

Modiano, excelente escritor francés, expresa a través del narrador-protagonista la turbadora presencia de la memoria cuando se recrea en determinados episodios de la juventud. Entre el reconocerse y no conocerse en ellos, afloran impresiones y sensaciones que se sienten como imperecederas, por más que parezcan triviales. Misterios de la vida, se podría decir, pero también lecciones de la vida: son, quizá, los momentos de una vida en absoluta libertad, como los de los protagonistas de esta novela, los que hacen que nos sintamos realmente vivos.

Pero no son personajes que vivan en un limbo completamente desconectado de la realidad: a lo largo de toda la novela se huele el miedo, precisamente, a esa realidad, aquí la terrible experiencia colonial de Francia en Argelia, resuelta en una espantosa guerra de la que esas vidas parecen querer evadirse.

En definitiva: una sensible, encantadora y sugerente novela.

Patrick Modiano, Villa Triste, Anagrama (Panorama de Narrativas), Barcelona, 2009 (original de 1975).

12 novembro, 2009

Cat Stevens canta... ¡¡¡en latín!!... en 1972

El responsable de la incipiente página web de nuestro centro ha encontrado una estupenda interpretación de Cat Stevens de un texto en latín. No es necesario explicar por qué merece que se le dé publicidad. Para una traducción al español, puede verse este otro vídeo.