20 novembro, 2010

Blogocampaña 2009 contra la Pornografía Infantil



La pornografía infantil en la Red es una lacra imparable que ensucia nuestras vidas cada día. La presión policial con macroredadas no es suficiente para detener las malas prácticas de estos individuos, que actúan desde el anonimato que puede brindar la Red golpeando las vidas de cientos de niños, incluso bebés, en busca de un deseo sexual depravado y enfermizo.

(En la entrada, o de esta manera, podéis colar términos de búsqueda empleados por los pederastas y pedófilos, como "angels", "lolitas", "boylover" o "preteens" para que puedan llegar hasta vuestro blog y encontrarse con este recordatorio).

15 novembro, 2010

'O home do saco': Unha viaxe por Lalín a través do tempo



No curso 2006-07 celebramos unha exposición sobre o crecemento urbanístico de Lalín ao abeiro da lectura do libro "Erros e tánatos" de Gonzalo Navaza, tomando como referente o relato 'O home do saco'. Así a través do periplo do seu protagonista polas rúas daquel Lalín do segundo lustro da década dos 40 e da década dos 50 reconstruímos fotograficamente os cambios urbanísticos que tiveron lugar na mesma.

05 novembro, 2010

LerENvenres (XI): Os lapidarios d’El Rei Afonso

Non sei cantas veces me propuxen indagar as razóns da miña fascinación polos textos medievais. Nunca o vou saber. Tería que pararme a estudalo durante un tempo e cunha dedicación que non lle quero dedicar. Se cadra todo ten que ver con esa liberdade sintáctica daqueles primeiros textos, se cadra coas combinacións, hoxe perdidas, de determinados sufixos. Ou con arcaísmos que me resultan máis ou menos opacos, ou con expresións que se extraviaron nas costuras dos séculos. 

Sexa o que sexa, os textos medievais conseguen romper as miñas rutinas lectoras e devolverme ao entusiasmo con que devoraba os meus primeiros libros: Ai, bater a miúdo con palabras ou con expresións nunca vistas! E entendelas! Ou non as entender e, daquela, iniciar a aventura de buscarlles significados e atoparlles moitos! Sentir a lingua tan viva e tan nova que me provoca arreguizos!

Por iso, ir a eses textos é ir á landra do carballo que hoxe nos dá sombra, e ir á landra supón a posibilidade de imaxinar múltiples ramificacións que non engallaron, pero que ben o poderían ter feito.

Os lapidarios afonsís foron das primeiras descargas que fixen desde a Rede. Canto hai diso? Aí si que non podo calcular. A medida do tempo nisto da Internet resulta moi complicada. Ás veces parece que foi onte cando tivemos a landra na man, pero, mirando a fraga inmensa na que se converteu, semella que debeu ser labor de séculos. 


No meu tempo convencional, poden ser doce ou quince os anos que levo coas pedras, pedriñas e pedrolos de Rei Afonso, e raro é o verán que non visito algunhas delas. Trátase, pois, máis que dunha lectura permanente, dunha lectura de liturxia estival.
Conservamos catro lapidarios dunha obra que foi moito maior. O que máis me gusta é o primeiro, traducido do caldeo ao árabe por un tal Abolays, musulmán el, e que do árabe foi trasladado ao castelán polo clérigo cristián, Garci Pérez, e o médico xudeu, Yudah Mosca o Menor. Todo iso, sen decretos de polimultiplurilingüísmo e grazas a que Don Abolays mantivera a lingua dos seus avós:
Y entre todos los sabios que se más de esto trabajaron, fue uno que hubo nombre Abolays. Y como quiere que él tenía la ley de los moros, era hombre que amaba mucho los gentiles, y señaladamente los de tierra de Caldea, porque de allí fueran sus abuelos. Y porque él sabía hablar aquel lenguaje y leyola su letra, págase mucho de buscarlos sus libros y de estudiar por ellos; porque oyera decir que en aquella tierra fueran los mayores sabios que en otras del mundo.
Neste lapidario, Libro de las piedras según los grados de los signos del zodíaco, todo resulta exquisito. A capacidade de asociar coñecementos astrolóxicos, terapéuticos, xeolóxicos, alquímicos e, se descremos, máxicos constitúe unha marabilla. O xeito de describir as pedras por color, textura, tacto, sabor... e o de representar as estrelas e as constelacións (aínda que, neste caso, prefiro o segundo lapidario) acéndenme todas as lampadiñas das imaxinación.
A estrutura de cada comentario é similar. Collamos, ao chou, o da pedra milititaz:
1. Indicación do signo ao que pertence:
“Del noveno grado del signo de Aries es la piedra a que dicen milititaz”
2. Descrición física, procedencia e, ás veces, etimoloxía:
“Ésta es de su natura caliente y seca. Y hállanla en las islas de una tierra que ha nombre Cin, en un lugar por donde corre un río que dicen Río de la Miel. Esta piedra es liviana de peso y muy porosa, y nunca la hallan sino en figura cuadrada. Bermeja es de color, más no mucho, ca tira una gran partida a color amarillo, y de ellas ya que las hallan todas amarillas. Y su propiedad es tal que si la pulen con alguna cosa, sale de ella sabor dulce como miel.”
3. Propiedades curativas:
“Y en el arte de física hace esto gran pro, casi lo dieren a beber a hombre que haya tos, u otra dolencia en los pechos, al muy gran pro y sana luego. Y si la colgaren sobre aquel lugar donde fuere la dolencia hará eso mismo, pero no tan aína”. 
4. Posición máis idónea da estrelas para a eficacia das súas propiedades.
“Y la estrella delantera de las tres siguientes que son en la figura del río ha poder sobre esta piedra y de ella recibe la fuerza y la virtud. Y cuando esta estrella fuere en medio del cielo mostrará esta piedra más manifiestamente sus obras”.

As propiedades son múltiples e pódennos dar unha idea de cales eran as preocupacións da sociedade medieval. Vexamos, a título de exemplo, as que ten a pedra chamada coral ao longo dos lapidarios e segundo a influencia das estrelas:


1. Y su virtud es tal, que, el que la trae consigo, préciase mucho en su voluntad, y págase de cuanto hace. Y si la ponen en lugar donde haya casados, hace que se amen mucho los maridos con sus mujeres, y si alguna desavenencia hubieron antes, hace que se torne en amor.

2. Coral es piedra que recibe otrosí virtud por la fuerza de Venus, y señaladamente para hacer huir los ratones y los mures que son dañosos a los hombres.

3. Y quien la trajere consigo, siendo esta planeta [Venus] en su hora y en su ascendente, y en la primera fase de Tauro, será amado de toda cosa que le vea.

4. El que le tuviere consigo, siendo Venus en su ascendente y en su hora, y bien fortunada, la amarán las mujeres mancebas y hermosas.

5. el que la tuviere consigo en hora de Venus, y en su ascendente, es le bueno para amor de mujeres, ca amarlas ha mucho, y ellas a él.

6. Coral ha otrosí virtud por razón de Mercurio, que, siendo ella en su día y en su hora, y la lavaren en agua, y la dieren a beber al epiléptico o al loco, o al emponzoñado, usándolo luengo tiempo, sana.

7. Coral es otrosí de la Luna. Y Ha tal virtud, que, el que la tuviere consigo, siendo este planeta en su ascendente y en su hora, y bien catada de Júpiter, y en la primera fase de Cancro, atura mucho en andar carrera, y maguer que ande grandes jornadas, no cansará tan aína como otro que no la traiga.

Recoñezo que isto último me chega ao corazón. Quen ma dera o ano pasado cando fomos cos Clubs de Lectura a subir a Devesa da Rogueira!

Aínda que se me desen a escoller, quedaríame con zavarger, “que se entiende por prasma” e ten tal virtude que:

“el hombre que la trae consigo, es bienandante en escribir y en contar, y en labrar por pan”.

Tampouco me sentaría mal esmeralda, moi verde ela, pois quen a tiver consigo:

“hará gran entendimiento y buena memoria para retener que quiere que aprenda de los saberes”

Por suposto non desprezaría nin a Gynazt, nin a Cristal. Coa primeira pódese facer un vaso e “quien bebiere vino en el vaso que hicieren de esta piedra, no se embriagará con él por mucho que beba”. A segunda é de Venus e, se non se meten polo medio, nin Saturno, nin Marte, nin Xúpiter, uns machos que lle ronca, quen a leve con el:

“será de buen talante y alegre, y si hubiere enfermedad de melancolía, tollérsela y esforzarla el corazón, y hará poder de yacer muchas veces con mujer y hará gran placer de ella, y otrosí ella de él”

Para rematar, poñamos Anxoniz que nos aquela ben aos de certa profesión, pois:

“presta a los mozos para aprender leer, y para decorar todos los saberes”

Ou dehenich, que xa encarguei para os compañeiros que, onte, uniron as figuras de Don Ramón Aller e o Rei Afonso -dous dos meus venerados-, no día da Ciencia en Galego, pois en dándolla a aquel seu alumno con dificultades, “este hará mayor entendimiento en el arte de geometría”.

03 novembro, 2010

Aller, “teorema escrito da estrelecida vía”.



Hai pouco, recuperaba Méndez Ferrín, no seu “fondo dos espellos”, a memoria das infamias vertidas sobre a Academia, nos inicios dos corenta, e lembraba o texto con que Otero Pedrayo reclamaba a honra para algún dos novos académicos. Así se refería o mestre de Trasalba ao sabio lalinense: 

“Teorema escrito de estrelecida vía”.

Hai pouco, nós dedicabámoslle o Ano Internacional da Astronomía a Don Ramón Aller, agora os compañeiros de Ciencias convídannos a celebrar, o Día da Ciencia en Galego e dedícanlla a James Clerk Maxwell, Afonso X e Ramón Mª Aller (“Un astrónomo que promove a modernización científica galega do seu tempo e funda o primeiro observatorio astronómico galego. A primeira Facultade de Ciencia galega é herdeira do seu labor”.)

Na que vai, A Marela séntense obrigada a facervos dous pequenos agasallos.
O primeiro é o número do noso boletín impreso: Don Ramón, a simple vista (versión Pdf). Nel, recollemos algunhas das actividades con que celebramos o 1999 e resumimos algunhas consideracións sobre o noso astrónomo:


O segundo é a expresión dunha pequena frustración que temos. 

Aí atrás, dabamos conta neste blogue da doazón de Victorino Gutiérrez ao Instituto. Tratábase de diversos manuscritos de Don Ramón, varios inéditos, que pretendiamos dixitalizar. Os nosos limitados medios impiden unha dixitalización total e precisa. Por iso nos conformamos con ofrecervos pouco máis que as portadas dos tres primeiros cadernos-rexistro (inéditos) do Observatorio de Lalín.


Unha cousiña máis: podedes botarlle unha visual a este fermoso comentario, A honradés científica, de Juan L. Blanco Valdés, a propósito da reedición d’Os ensaios en galego.