“No caso da versión final de Fahrenheit 451 /.../, volvín
sacar a escena todos os personaxes e fíxenos desfilar na miña máquina de
escribir, deixando que os meus dedos contasen as historias e recuperasen as
pantasmas doutros tempos, doutros contos.
Eu son o protagonista, Montag, e, en boa medida, tamén
Clarisse McClellan. Unha parte máis escura é o xefe de bombeiros, Beatty,
mentres que as miñas actitudes filosóficas están representadas polo filósofo
Faber”
Ray Bradbury (xullo de 2009), da Introdución a Fahrenheit 451 en BD