Páxinas

29 xaneiro, 2013

Hai que ver!: 211.861 cadros (hoxe)


Imaxinedas unha pinacoteca con máis de 210.000 cadros? Imaxinádela na vosa casa? Na pantalla do voso computador?

Pois non hai nada que imaxinar, chamase Your Painntings e se premedes aquí aparecerá diante de vós.


El País ofrece un bo resumo sobre as características e a idea que guían está colección.

Pero o mellor é que busquedes... o voso pintor ou o voso cadro favorito. Sen moito buscar A Marela atopou este que aínda lle chista ben...

… and the Cow Jumped over the Moon by Paul Bell



25 xaneiro, 2013

Toc-toc... o blogue


Arredor da iniciativa Toc-Toc-A Ciencia que anunciabamos aí atrás, andamos argallando un blogue con ese nome que recolla a actividade e nos vaia dando algunha nova sobre cuestións científico-tecnolóxicas.

O cerello está en período de probas (de deseño, ba), pero preséntase con dúas entradas bastante interesantes.

Unha, Toc-toca: un indicador de pH, recolle a primeira actividade do proxecto, coa súa presentación, o seu vídeo, as súas fotos...

A segunda dános noticia dun excelente filme francés sobre matemáticas: Caos: unha aventura matemática.

Se aínda non vos animastes a ir, mirade que presentación:
 

18 xaneiro, 2013

VI Olimpíada do Saber


Xa está en marcha a VI Olimpíada.
Este ano, con importantes novidades.
Aínda non vos inscribistes?
O venres 25 remata o prazo de inscrición.


17 xaneiro, 2013

Anirmau '13


Nesta súa terceira edición, ANIRMAU ofrece unha importante variación: tras dous anos dedicado ás curtametraxes, deste vez consagrábase ás longas. E presentarase algunha? Dez, sería un bo número -dicíanos Seve.





ANIRMAU (3ª ed.) e Animabasauri (9ª ed.), son -dentro do estado- os únicos festivais de animación especializados que contan cunha competición de longametraxes.

A eles cómpre sumar os tres festivais de cinema de ámbito xeral e grandes orzamentos que acollen seccións específicas para as longas animadas (Sitges -con Anima’t-,  Gijón -con Animaficx- ou Málaga -con Animazine-).
Entre uns e outros, son unicamente cinco festivais nos que se poden ver longametraxes de animación.

A esta primeira experiencia coa longa, responderon 15 películas das que se descartaron dúas por non cumpriren as bases.

Estas son as que conformarán o programa:


  • Jean de la lune (Stephan Schesch, 2012)
  • George the hedgehog (Tomasz Lesniak – Jakub Tarkowski – Wojtek Waswzczyk, 2011)
  • Heart string marionette (M. dot Strange, 2012)
  • Legends of Valhala: Thor (Óskar Jónasson – Toby Gnekel – Gunnar Karlsson, 2011)
  • Lotte and the moonstone secret (Heiki Ernits - Janno Põldma, 2011)
  • Midori-ko (Keita Kurosaka, 2010)
  • La leyenda de la llorona (Alberto Rodríguez, 2011)
  • Taevalaul [Sky Song] (Mati Kütt, 2010)
  • Ánima Buenos Aires (María Verónica Ramírez, 2012)
  • It's such a beautiful day (Don Hertzfeldt, 2012)
  • The tragedy of man (Marcell Jankovics, 2011)
  • Fimfárum III (Kristina Dufková – Vlasta Pospílová – David Sukup, 2011)
  • The king of pigs (Yeun Sang-ho, 2011)



Por outra banda, é de notar que, malia non facermos convocatoria para curtas, presentáronse setenta e unha. Isto anímanos a pensar que o festival está moi consolidado e que, cando volvamos ás curtas, a resposta será tan boa como a que viñemos obtendo ata agora.

E xa sabedes, atención á páxina oficial de Anirmau. 

 

14 xaneiro, 2013

La visita de Ricardo Gómez

El pasado 11 de diciembre, nos visitó el escritor Ricardo Gómez. 

Durante una hora y media departió con los alumnos de 1º de la ESO, hablando con ellos de la vida y de la literatura. 

 
Como casi siempre, una actividad muy recomendable, y mucho más, como en este caso, en que el invitado resulta tan interesante y es tan habilidoso para captar la atención de 60 chavales de 11 años. Quede aquí constancia del encuentro, que tuvo lugar en la biblioteca.








10 xaneiro, 2013

Toc, toc... A Ciencia


Está no forno.
Xa ten o cartel (de Sebas Anxo, claro)


Que si!
Que a ciencia (toc-toc!) chama.
E toca... e se ela te toca, ti tamén a podes tocar.
Non a sentes? Está tocando...

Os departamentos científico-tecnolóxicos, din que si, que xa sae, que se trata de facelo simple e eficaz...

E xa anuncian os primeiros cerellos:


 
Toc, toc! Toca a Ciencia.