15 maio, 2013

O zoom infindo de Mad Meg



Ollade con atención cada detalle, e buscádevos entre os trazos de tinta chinesa deste cadro, seguro que vós estades nel, dentro del, amando ou odiando, copulando ou cantando, loitando ou corrompéndovos, vivindo ou morrendo, resucitando ou atravesando o espazo coma un cometa aloucado.


Preme aquí, para velo en detalle e interactuar con el
Pechado representa a creación do mundo, aberto vemos o mundo: Paraíso, sexo-luxuria e inferno. É outra volta ao Xardín das Delicias, aquela obra de Hieronymus Bosch, El Bosco (1504), e que como aquela agocha tanto misterio como simbolismo, tanta imaxinación como visión clara da realidade.

E agora (RE)mirade con atención a obra de Mad Meg, (o de 12 carnets de digestions) unha versión na que “ese famoso cadro toma un novo aspecto, o da sociedade do século XXI esmagada polo peso do capitalismo e o impacto das multinacionais que dirixen o mundo.

Ollade aparecer unha multitude de imaxes dispostas arredor do tríptico central, como se fora o xogo da oca. Abaixo, á dereita, a historia comeza: vemos unha serie de fotos do artista pintando, nunha delas suxeita un ramiño cos segredos dos experimentos farmacéuticos.

Decatámonos de que as zonas grises do cadro son en realidade frases escritas en minúscula sobre temas comprometidos: historias de retrovirus, do tratado ACTA, de cabaleiros, de liberalismo económico...


Zoomerxirse, zoomgullarse, pechar prexuízos, abrir perspectiva, lanzarse cos ollos transparentes, os contadores a cero, saltar ao mundo...

Ollade, ollade ben e buscádevos: todos estamos dentro!!!


-

03 maio, 2013

Encontro con Manolo López Poy e Miguel Fernández


Xa comentou a Tarabela canto lle gustara Os días do cometa. Todo o que lle poidamos engadir e esta obra de lectura "obrigada" en 1º de BAC había de ser positivo.
O agasallo consiste en que o venres que vén visitarannos os autores.



_