28 outubro, 2013

28-O: Día mundial da animación: suxestións 2013

 Hoxe, 28 de outubro, celébrase o día mundial da animación. Para o conmemorarmos, pedímoslle a Seve que nos seleccionase seis ou sete curtas do 2012. Ademais, non deberían pasar dos 50 minutos entre todas.

As súas suxestións son:

Les souvenirs, de Renaud Martin, Francia, 2012. 8’ 38’’ Computador 2D

A different perpective, de Chris O'Hara, Irlanda, 2012.  1' 55" Computador 2D.

The Box-Polstergeist, de Dadomani, Italia, 2012. 10’ Stop Motion: Monicreques.


Fado do homem crescido, de Pedro Brito. Portugal, 2012. 7’ 20’’  DA tradicional.

Head Over Heels, de Timothy Reckart, UK, 2012. 10’ Stop Motion: Monicreques.

Feral, de Daniel Sousa, USA, 2012. 12’. DA tradicional
_

22 outubro, 2013

R. 20.000


Hai algo máis de cen rexistros, anotamos o rexistro 20.000 do noso catálogo.
 - Ostra, tedes vinte mil documentos!?
- Non. Moitos están dados de baixa e outros fóronse perdendo polo camiño...
- Así e todo son ben deles..., e tédelos todos á vista?
- Non exactamente. No almacén, nos departamentos, en estancias diversas, hai moitos exemplares...  Nas librarías da sala da biblioteca non collerían todos. Ademais, nunha destas, imos propoñer unha campaña mil libros menos. Todo ese material que se acumula nos andeis e non se move acaba por ocultar e obstaculizar. Selección, selección e adecuación!
- Vaia, pode ser. E mira unha cousa: ese número tan redondo reservariádelo para algo especial?
- De certo que si. O número vinte mil foi para unha publicación moi singular e dun autor moi significativo para nós.
- Un autor que vén sendo...
- Quérelo saber todo!
- Di que non.
- Que non, que?
- Que non o vas dicir.
- Gardareino para outro día.
- Dáme algunha pista.
- Algunha? Vale: tres e unha de regalo.
  • O autor é moi amiguísimo da nosa biblioteca.
  • O libro está autoeditado polo autor.
  • O libro ten un formato moi espacial: unha lámina a dobre cara de 40 x 28 cm.
  • En 40 x 28, collen dúas fotos e sete poemas, sete poemas para reconciliarse co mundo...
- Creo que xa sei cal é.

Primeira edición da CDU abreviada en España, nº 443 do noso rexistro vello.

20 outubro, 2013

Una recomendación: "Canadá", de Richard Ford

La primera parte de esta novela es la obra de un maestro de la narración literaria; aun cuando como conjunto la novela pueda resultar no tan satisfactoria, la calidad de esas páginas justifica con creces la recomendación de leerla.

Ford cuenta la historia de un niño que asiste como espectador a la comisión de dos delitos por parte de unos adultos que, por su relación con él, deberían ser un ejemplo de conducta moral: primero, sus padres, y, después, una especie de tutor. En el primer caso, cuya narración ocupa esa parte magistral de la obra, el delito era, sencillamente, inimaginable; en el segundo, era posible. Sobre este fondo argumental, Ford reflexiona sobre temas clásicos como la anormalidad oculta bajo la normal vida cotidiana o lo impredecibles que pueden llegar a ser los rumbos que tome nuestra existencia.
Canadá es una novela de aprendizaje estrictamente realista, de un realismo que sería casi decimonónico si Ford no hubiese elegido el punto de vista subjetivo para la narración de los hechos: es el protagonista quien, cincuenta años después, refiere lo acontecido. Esta elección es la que le permite a Ford huir en la primera parte de un psicologismo desatado, y dejar que el propio estilo, la propia técnica narrativa, consiga empapar el detallismo de la narración de una emoción y, en ocasiones, un lirismo que dotan de una intensidad irresistible a esas páginas. 
La segunda parte de la novela supone un giro bastante radical en el fondo y la forma de la narración, y puede plantearle al lector ciertas dudas acerca de determinadas elecciones del autor, incluida una tendencia algo irritante al sermón de ayuda psicológica.
En todo caso, esta recomendación se hace teniendo en cuenta que esas reticencias podrían ser valoradas de manera diferente por parte de otros lectores.

C. M.

17 outubro, 2013

Parabéns e graciñas (por fin), Fran

Fonte: http://www.franbueno.com/bio/

Sempre temos en débeda algún agradecemento. Pasa o momento de seu e parece que cómpre esperar por unha ocasión especial para expresalo.

A nosa colección de banda deseñada débelle moito a Fran Bueno. Fran enviounos unha ampla e precisa listaxe de obras de BD que deberían estar na nosa biblioteca. É a nosa guía predilecta á hora de enriquecermos o catálogo. Aínda non adquirimos todas as súas propostas porque orzamentos... orzamentos son, pero xa incorporamos moito máis da metade e... que ben están! Que gran selección!

Hoxe soubemos que Fran gañou o premio Castelao de banda deseñada con Catálogo oneroso de beleza gratuíta (impresionante título, meu!). Sumámonos aos que o felicitan e aproveitamos para expresarlle o noso agradecemento.

Graciñas e parabéns, Fran!

Fran Bueno na Marela BD:
O sabor da mazás e máis de Ciencia para todos...




16 outubro, 2013

Club de lectura "O teodolito"


Ben sabedes que o instrumento preferido de Don Ramón Aller era o teodolito Troughton & Simms. Por iso escollemos ese nome para o noso club de lectura de ciencias.

É un club no que propoñeremos todo tipo de documentos (libros, filmes, banda deseñada, páxinas na rede...) sobre un tema relacionado coa ciencia e/ou a tecnoloxía para charlarmos sobre el.

Inscríbete antes do venres 25.

03 outubro, 2013

Á busca do tempo perdido. 100 anos.

Páxina manuscrita, dixitalizada pola BNF

Estamos a piques de celebrar o centésimo aniversario da publicación de Du côté de chez Swann, o primeiro dos sete tomos de À la recherche du temps perdu. Aínda que Marcel Proust comezou publicando diversos fragmentos en Le Figaro, en 1912, non será até novembro de 1913 cando saia do prelo o volume inaugural.

Para celebralo, a BNF dixitalizou os manuscritos de toda a obra e ponos á nosa disposición

A nós parécenos unha boa ocasión para ler (ou volver ler) a grande obra de Proust e, dado que Xesús Riveiro Costa nos agasalla coa súa tradución de Pola banda de Swann desde Bivir, a biblioteca virtual (descarga en PDF) da Asociación de tradutores galegos, case quedamos sen escusas.
-