Páxinas

15 decembro, 2015

Ningún neno e nena sen xoguetes


Así o entendeu a xente do BAC Artes e, deste xeito, elaborou unha serie de vídeos para promover a tradicional campaña. Xuntáronos todas neste vídeo.


Noutra orde de cousas, aí á dereita da pantalla, podedes admirar unha das múltiples mutacións da concoespiral, que sempre nos desexa bo nadal.

11 decembro, 2015

BD: E logo ninguén pensa nas nenas e os nenos?

Desde que a Marela ordenou de poñer algo de concerto na nosa colección de banda deseñada, investimos boa parte dos nosos recursos en equilibrala, ampliala e mantela actualizada. Os recursos son os que son e ben se sabe que é complicado chegar a onde se quere. A cousa vai pouco e pouco, pero o caso é que vai.  E conforme a colección se vai perfilando, tamén as reflexións da Marela anchean.


Neste sentido, a Marela cavila moito en se non estará equivocada cando nota a falta de banda deseñada dirixida ao público infantil e xuvenil. Ninguén que se aproxime ao tema deixará de apreciar o notable pulo vivido, nos últimos anos, pola BD para lectores maduros ou a novela gráfica, ou como lle queirades chamar. Fronte a iso, semella que o público de menor idade vai quedando nun lugar secundario. É algo que chama dobremente a atención: por unha banda, ese público era ata non hai moito o destinatario predilecto do medio, por outra o camiño parece o contrario do seguido pola LIX.

Nalgo diso debeu pensar Moisés Oneyros, cando, coa colaboración de Whakoom.com e a Asociación Española de Amigos del Cómic (A.E.A.C.), decidiu botar a andar o proxecto En busca de una nueva generación de lectores de cómic. ¿Es que nadie piensa en los niños?

Aí, nese sitio, formula dúas preguntas a case cento vinte persoas estreitamente relacionadas coa BD:
  • ¿Qué crees que debería hacer el mundo del cómic para acercarse al público infantil?
  •  ¿Qué cómic recomendarías a un niño y por qué?
 O  conxunto das respostas dános un bo panorama da situación (e o despiste) e, ademais, resulta agradábel de ler. Así que se tedes un vagariño...

03 decembro, 2015

Ano internacional da luz: visións desde o Portocartoon.

Pensabamos que xa fixeramos a despedida do Ano internacional da luz, pero velaí que nos pasara inadvertido o Portocartoon, un encontro de "cartoonistas" que celebrou a súa XVII edición, na que o tema central (caricaturas á parte) se lle dedicou á luz.

Paga a pena pararse nas obras máis significadas:

Primeiro premio: Alessandro Gatto: Window (Italia)


Segundo premio: Izabela Kowalska-Wieczorek: Safelight (Polonia)


Terceiro premio: Andrei Popov: Lantern (Rusia)


Mencións de honra:

Constantin Sunnerberg: Morning
Mojmir Mihatov
Omar Figueroa Turcios: La luz
Andrei Popov: Light from the window
Andrei popov: Wood pecker



Isto é só un bocadiño do que podedes atopar no Museo virtual do Cartoon. Animámosvos a unha visita demorada.