29 maio, 2015

Mil primaveras máis

Velaquí o está. Realizado por  Noel Queipo, coa voz de Malores Villanueva e coa música de Antonio Vivaldi (A Primavera, tu! Que ben se implicou este italiano!) é o primeiro "mil primaveras" de Prolingua.

Gústanos ver ao Suso de Laro (unha toupa con moito aquel) abrir o vídeo desde Ribadeo (ten ou non ten aire de Clint?), pero máis nos gusta ver os nosos, aí no 2:45.


Graciñas, Santi!

26 maio, 2015

Eleccións municipais: Cuíña dá a sorpresa

O títular desta noticia podería servir para mostrar algúns trucos do xornalismo: o xogo entre o que o lector espera cando acode ao reclamo da letra grande e o que realmete se conta no corpo. Non hai mentira, pero non ten que haber verdade.

Como xa comentamos aí atrás, varias das ligazóns a documentos relacionados con diversas actividades fóronse perdendo e estamos tratando de recuperalos pouco e pouco.

Un deles (que moito estimamos) é o informe realizado polo alumnado de 3º de BUP do curso 1978-79, sobre as eleccións municipais de 1979. Fora elaborado co propósito de recadar cartos (a 25 ptas., o exemplar) para a excursión e publicitábase coa idea de “informar... ya que algún periódico publicó los resultados equivocados”.

Ademais dos resultados mesa por mesa, recollía unha entrevista (precedida dunha pequena introdución informativa/valorativa) con cada un dos cabezas de cartel das cinco candidaturas: Candidatura independiente, Coalición Democrática, Unidade Galega, UCD e PSOE.

O alumnado de terceiro lamentaba a alta abstención (o 56%), pero non advertía da ausencia total de mulleres naquela primeira corporación democrática...


21 maio, 2015

Ano Internacional da Luz: A cámara escura

No ano internacional da luz non podía faltar a cámara escura.

A experiencia realizouse nas aulas de 1º de ESO,  baixo a dirección do Departamento de Debuxo e de Xulia Ferradás (alumna de máster de profesorado) e co apoio do alumnado de 1º BAC de Artes.



_

15 maio, 2015

Entrega de premios do II Concurso literario "Mª Vitoria Taboada"

Hoxe ás 13 da tarde entregamos os premios do II Concurso literario "Mª Vitoria Taboada".



De microrrelato

Primeiro premio: Laura Mariño García


De relato curto

2º accésit: Xosé Manuel Fernández Taboada.

1º accésit: Elvira Nercellas Rodríguez.

Primeiro premio: Mª Eugenia Gil Pallares.

De poesía

Primeiro premio: Mariña Castro Fontao.

Andrea e Christian presentaron o acto.


O Cuarteto de saxos de Lalín (Víctor, Carlos, Javier e Rubén) puxo o acompañamento musical.


Axiña disporemos da publicación impresa dos traballos premiados e da reportaxe documental realizada polo alumnado de Cultura Audiovisual.

08 maio, 2015

Ano Internacional da Luz

Non vos despistedes e botádelle unha visual á exposición toc-toqueira sobre o ano internacional da luz.

Na confección do cuestionario
Ademais, neste caso celebramos que as preguntas do cuestionario-guía que acompaña a exposición fosen elaboradas polo alumnado de PDC:
-

05 maio, 2015

A gran guerra [XIV] : 14 longametraxes sobre a guerra do 14




Como todas as seleccións, esta ha ser discutible. Escollemos catorce filmes  (+1) sobre a guerra do 14 nos que quixeramos que houbese para todos os gustos e tratamentos.
  • Sin novedad en el frente (1930) / Lewis Milestone (dir.)
  • La gran ilusión (1931) / Jean Renoir (dir.)
  • Adiós a las armas (1932) / Frank Borzage (dir.)
  • La reina de África (1951) / John Huston (dir.)
  • Senderos de gloria (1957) / Stanley Kubrick (dir.)
  • Lawrence de Arabia (1962) / David Lean (dir.)
  • La vida y nada más (1989) / Bertrand Tavernier (dir.)
  • El barón rojo (1971) / Roger Corman (dir.)
  • Johnny cogió su fusil (1971) / Dalton Trumbo (dir.)
  • Gallipoli (1981) /  Peter Weir (dir.)
  • Largo domingo de noviazgo (2004) / Jean-Pierre Jeunet (dir.)
  • Feliz Navidad (2005) / Christian Carion (dir.)
  • Flyboys (2006) / Tony Bill (dir.)
  • War Horse : Caballo de batalla (2011) / Steven Spielberg (dir.)
E a maiores:
  • Mata Hari (1931) /  George Fitzmaurice (dir.)
Fotograma de Johnny cogió su fusil

04 maio, 2015

Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega

Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega é o libro de Pablo Ramil Rego e Javier Ferreiro da Costa sobre ese fenómeno tan propio da nosa paisaxe como é nulo coidado que poñemos no seu mantemento.

O humor que destila non lle resta rigor ao tratamento, nin  eficacia á denuncia.
 
Está publicado pola Asociación Científica Horreum en colaboración co Grupo de Investigación 1934 – Territorio e Biodiversidade do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC, e co Observatorio Galego do Territorio.

Pódese baixar en PDF. 

http://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&ved=0CCcQFjAB&url=http%3A%2F%2Fibader.org%2Farchivos%2Fdocs%2F2015-Guia-Feismo-Galicia.pdf&ei=zj9HVbbTCcK0Ud_WgYgI&usg=AFQjCNG3UGMg11dFkNgRYd9_3cNzIDW1-Q&bvm=bv.92291466,d.d24

Velaquí, un parágrafo do prólogo:
En Galicia a escasa protección que se outorga ás paisaxes excepcionais, cotiás ou degradadas, e a escasa participación nos procesos de identificación e cualificación das paisaxes, propiciou distintos movementos sociais na súa defensa. A eles debémoslles a cuñaxe de novos termos e conceptos, como a "eucaliptización", o "ladrillazo", ou o "feísmo". Co termo feísmo trátase de aglutinar un conxunto heteroxéneo de actuacións efectuadas polo ser humano sobre a paisaxe, froito da introdución de elementos alleos ou construcións distorsionantes que afastan un escenario ou un tipo concreto de paisaxe do seu estatus de "excepcional" ou "cotián". A percepción resulta aquí, como na propia definición que o Convenio de Florencia acuña sobre a paisaxe, o elemento clave. Non exento de subxectividade, pero tamén non exento de criterios ou concepcións aceptadas pola maior parte da cidadanía.
Foi  sabérmolo grazas a Galicia confidencial e querermos compartilo convosco. Tamén vimos a nova no xornal da USC.