29 maio, 2016

Astro_poemas (19) : Vázquez Montalbán

Ilustración: Marta Calviño



EN EL ESPACIO


En el espacio
blandos buzos lechosos
estrellas son
                    distancias
no existe el cielo
si acaso es Universo
una profundidad cuadrada
                                         en su silencio
amenazas de pozos
sin aguas sin origen sin fondo
pozos cisterna
                  eternos
                                        para lluvias sin agua. 

Es bastante probable que el conocido narrador y ensayista Vázquez Montalbán se viese a sí mismo más bien como poeta. Novísimo de primera hora, mantuvo como ellos el gusto por la innovación formal, pero apostó claramente por mantener en su poesía el mismo compromiso crítico con la realidad que caracterizó el resto de su obra. Este poema refleja el profundo impacto que supuso la exploración del espacio y, especialmente, la llegada a la luna, para el mundo de la cultura. En sus versos, el asombro por la inmensidad sin límites del Universo se mezcla con el inquietante misterio de los agujeros negros, pozos "para lluvias sin agua." 

25 maio, 2016

Astro_poemas (18) : William Carlos Williams

Ilustración: Marta Calviño


The Archer is wake!
The Swan is flying!
Gold against blue
An Arrow is lying.
There is hunting in heaven—
Sleep safe till tomorrow.

The Bears are abroad!
The Eagle is screaming!
Gold against blue
Their eyes are gleaming!
Sleep!
Sleep safe till tomorrow.

The Sisters lie
With their arms intertwining;
Gold against blue
Their hair is shining!
The Serpent writhes!
Orion is listening!
Gold against blue
His sword is glistening!
Sleep!
There is hunting in heaven—
Sleep safe till tomorrow.


Fonte foto

Aínda que era médico de profesión, o norteamericano William Carlos Williams (1883-1963) é coñecido pola súa obra poética, de carácter modernista e imaxinista. Cunha linguaxe e forma sinxelas, o autor describe (case fai un inventario) en “Paz na terra” unha paisaxe nocturna de constelacións en movemento.  O poema semella unha canción de berce, pero unha canción de berce un tanto chocante:  da acción, e incluso violencia, que está a ter lugar no ceo non cabería esperar un escenario calmo e seguro para o sono, pero...


O Arqueiro está esperto!
O Cisne voa!
Ouro contra azul
Unha Frecha mente.
Hai cacería no ceo
Durme segura ata mañá.

Os Osos están no estranxeiro!
A aguia grita!
Ouro contra azul
Os seus ollos brillan!
Durme!
Durme segura ata mañá.

As irmás xacen
Cos brazos entrelazados;
Ouro contra azul
O seu pelo brilla!
A serpe retórcese!
Orion escoita!
Ouro contra azul
A súa espada brilla!
Durme!
Hai cacería no ceo
Durme segura ata mañá.

20 maio, 2016

Premios prensa-escola para Emma e Adela


PARABÉNS! PARABÉNS! PARA…

...dúas alumnas de 1º de BAC do noso centro que acaban de nos dar unha excelente noticia.

Por un lado, Emma Cepeda Mouriño mereceu o Primeiro premio no Concurso Mellor Xornalista Xuvenil 2016 do Programa Prensa-Escola e por outro, Adela Otero Vázquez  conseguiu o segundo premio no II Concurso de Fotografía  “Galicia, auga e literatura ” do Programa Prensa-Escola – Viaqua 2015/2016

Emma viaxará a Londres unha fin de semana e poderá levar a tres persoas con ela.

Adela recibirá unha cámara dixital.

Que o noso alumnado nos dea alegrías destas axuda moito.

Parabéns e graciñas, mozas. 
Foto: Miguel Souto. La voz de Galicia.

19 maio, 2016

Outra visión do D. Ramón de Asorey

Imos xuntando imaxes do monumento a D. Ramón Aller. Esta que traemos hoxe estaba un chisco perdida entre os nosos fondos (sen catalogar). Non debería ser moi posterior á súa inauguración, pois a perspectiva urbana que nos ofrece é practicamente irrecoñecíbel para aqueles lalineses que baixen dos cincuenta "e tantos"...


 A mesma foto restaurada por M. Balea:

18 maio, 2016

17 de maio: cadea e libros

Unha cadea formada por mozas e mozos dos dous institutos de Lalín estendeuse entre os dous centros. De cada un sairon dous títulos, como agasallo ao outro e semente de reivindicación para todos.


Nós regalámoslle Astronomía a ollo ceibe, o título que representaría o primeiro libro de divulgación científica no noso idioma e que nunca se chegou a publicar pola chegada da barbarie do 36. Esperamos que as novas barbaries non sigan coutando nin da publicación de ciencia en galego, nin da construción de ciencia en galego, e que Galiza sexa unha opción real para quen queira facer ciencia aquí.


O segundo foi Presas fáciles. Leva moitos anos  Miguelanxo Prado expresando o seu inequívoco compromiso coa lingua, moitos anos proclamando o seu desexo de ver a súa obra en galego... A cousa vai collendo corpo e os últimos títulos xa saen en galego nas mesmas datas que en castelán. Necesitamos que os nosos creadores de dimensión internacional se impliquen co idioma. Miguelanxo non ten dúbidas.



Recibimos Historia do ADN de Daniel Soutullo e Cantos de poeta de Gelria.


Podedes ler aquí o manifesto conxunto.

13 maio, 2016

Astro_poemas (17) : Carlos Negro


Materia estelar

Acontece e a linguaxe descomponse nunha masa amorfa de
morfemas.
 

Acontece máis alá do milimétrico ritmo do verso, máis alá
do límite impreciso que a palabra persegue.

A anos luz do fulgor do poema, nas estremas dunha galaxia
aínda innominada.
 

Un big-bang introspectivo, unha explosión cara a dentro que
rebenta as costuras do corazón.

 

Convértome en pura enerxía en movemento, en irradiación
de átomos que transmiten afecto.
 

Convértome en materia estelar da tenrura.
 

Nun caos incontrolado e harmónico.
 

Nun organismo en plena metamorfose.
 

Experimento unha explosión de supernovas.
 

Fun home.
 

Son pai.
 

Xa non son particula elemental.
Vía

En Masculino singular, Carlos Negro reclama un espazo para o home, un home sen maiores aditamentos, se acaso liberado ou en camiño de liberación de vellos roles sociais e culturais. Os termos metalingüísticos (desde o título) e metaliterarios actúan de soporte para as imaxes que nos transmiten os procesos de construción e conexión dese home. En Materia estelar, a paternidade  exprésase en termos cosmolóxicos: é a implosión e a explosión do (uni)verso.

Imaxe superior:
ORION IN RED AND BLUE = ORION EN VERMELLO E AZUL (2016). Lindemann, David. http://astrogalicia.org/apod/2016/04/13/orion-en-vermello-e-azul/