Páxinas
▼
31 xaneiro, 2019
30 xaneiro, 2019
28 xaneiro, 2019
27 de xaneiro de 1944. Lutte majeure de Céka & Borris
Onte fixéronse 75 anos da fin do Cerco a Leningrado. Case 900 días de asedio, arredor de un millón de mortos, a maioría civís e a causa da fame...
De entre as múltiples obras que evocan aquel feito, propoñémosvos unha ben breve: unha BD de 114 páxinas, Lucha en do mayor (Lutte majeure) de Céka & Borris.
A obra sitúanos en 1942, ao inicio da operación Nordlicht ("Aurora boreal"), a grande ofensiva nazi sobre a cidade. Nesa situación, a proposta é reunir unha orquestra e interpretar a Sétima sinfonía de Shostakovich, mentres se producen os ataques. Naceu así un símbolo de resistencia e un dos máis épicos episodios da historia da música.
Dos varios aspectos que deberiamos destacar da BD, o máis inexcusable é este que nos sinala Antoni Guiral: "en Lucha en do Mayor hay, sí, heroísmo pero, sobre todo, una humanidad que transpira por los poros de todos los personajes. Esa humanidad que delata la respuesta a las condiciones adversas, que desgarra vicios y virtudes, mostrando todas las atrocidades que el ser humano es capaz de ejecutar por la supervivencia. Miedo, honor, valor, cinismo, canibalismo, soledad… conforman un puzzle de sensaciones en esta obra que, lejos de explotar el habitual tratamiento hollywoodense del sentimentalismo más atroz, penetra en las motivaciones de sus personajes con respeto, sin ponerlas en tela de juicio, como dejando al lector que haga sus propias valoraciones. Lucha en do Mayor recuerda una de esas partes de la Historia que no hay que olvidar y, ahí, refuerza la sensación de que la historieta es un medio perfectamente capaz para, más allá de entretener, proponer un espacio para la reflexión y la memoria a sus lectores."
En La hambrienta historia de la orquesta que desafío a Hitler... , de Jason Caffrey / BBC, podedes introducirvos no tema.
25 xaneiro, 2019
Danza da lúa en Santiago
TOTAL SOLAR ECLIPSE (2017) : Ashley Marando. URL. |
Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.
Fita seu corpo transido,
negro de somas e lobos.
Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
Quen fire potro de pedra
na mesma porta do sono?
É a lúa! É a lúa
na Quintana dos mortos!
Quen fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?
É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.
Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro.
Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
Ai filla, co ar do ceo
vólvome branca de pronto!
Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.
Quen brúa co-este xemido
d'imenso boi melancónico?
Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.
Si, a lúa, a lúa
coroada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!
Federico García Lorca.
23 xaneiro, 2019
O luar através dos altos ramos
Fonte imaxe |
O Luar Através dos Altos Ramos
O luar através dos altos ramos,Dizem os poetas todos que ele é mais
Que o luar através dos altos ramos.
Mas para mim, que não sei o que penso,
O que o luar através dos altos ramos
É, além de ser
O luar através dos altos ramos,
É não ser mais
Que o luar através dos altos ramos.
Alberto Caeiro, in "O Guardador de Rebanhos - Poema XXXV"
19 xaneiro, 2019
10 xaneiro, 2019
XI Olimpíada do saber
Retomamos a Olimpíada do saber. Inscribídevos!
Xa está aberta a inscrición para a XI Olimpíada. Formade os vosos equipos e apuntádevos na bibioteca.
O prazo finaliza o martes, 29 de xaneiro. O luns, 4 de febreiro, comezamos.
Xa está aberta a inscrición para a XI Olimpíada. Formade os vosos equipos e apuntádevos na bibioteca.
O prazo finaliza o martes, 29 de xaneiro. O luns, 4 de febreiro, comezamos.
08 xaneiro, 2019
05 xaneiro, 2019
V Concurso literario Mª Vitoria Taboada. O libro 2018
Xa podedes desfrutar do libro dixital cos textos premiados
no V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, acompañados das ilustracións
realizadas por Mariana Albarenque Gelos, Noa Blanco González, Ana García Lois, Sofía
Jorge Liñares, Cristina Polo Pernas e Ainhize Sixto Sánchez; alumnas de 2º do
Bacharelato de Artes; e do noso compañeiro Sebas Anxo.
A capa e a contracapa son de Julieta Itatí Penas Noce e a maquetaxe é de Sebas Anxo.
A capa e a contracapa son de Julieta Itatí Penas Noce e a maquetaxe é de Sebas Anxo.
02 xaneiro, 2019
BD : A Gran Guerra
Como ramo ás actividades desenvolvidas no seu momento arredor da efeméride do inicio do conflito armado, e para lembrarmos o centenario da fin das hostilidades, elaboramos un novo número d'A Marela Tarabela, o 25, baseado nunha antoloxía de banda deseñada do catálogo da biblioteca a consultar na Marela BD, como testemuño dunha guerra que ía rematar con todas as guerras, "A Gran Guerra", nome co que foi bautizada polos seus contemporáneos. Así mesmo, achegamos unha selección de filmes sobre a contenda.
Podedes lela premendo na imaxe ou baixala en PDF.
Podedes lela premendo na imaxe ou baixala en PDF.