Páxinas

29 marzo, 2019

Ismália

Vikas Chander. URL.

Quando Ismália enlouqueceu,
Pôs-se na torre a sonhar…
Viu uma lua no céu,
Viu outra lua no mar.

No sonho em que se perdeu,
Banhou-se toda em luar…
Queria subir ao céu,
Queria descer ao mar…

E no desvario seu,
Na torre pôs-se a cantar…
Estava perto do céu,
Estava perto do mar…

E como um anjo pendeu
As asas para voar…
Queria a lua do céu,
Queria a lua do mar…

As asas que Deus lhe deu
Ruflaram de par em par…
Sua alma subiu ao céu,
Seu corpo desceu ao mar…

Alphonsus de Guimaraens (1870-1921)

24 marzo, 2019

Marela para "O segredo da casa de Formoso"

Vimos de recibir do prelo unha nova Guía de lectura, a nº 15, que se corresponde coa Marela nº 26, neste caso a guía d' O segredo da casa de Formoso de Héctor Cajaraville.

Xa sabedes que podedes descargala en PDF.


http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/O%20segredo%20da%20casa%20de%20Formoso_Gu%C3%ADa.pdf


21 marzo, 2019

Ao fío do encontro con Jeannette Martínez

O pasado venres 15 de marzo a investigadora da USC, Jeannette Martínez, charlou co alumnado de 4º de ESO sobre o cancro. Con ela aprendemos que o cancro é unha enfermidade multificatorial en cuxo desenvolvemento inflúen moito os nosos hábitos diarios. Algunhas das nosas ideas preconcibidas viñéronse abaixo a medida que ía avanzando nas explicacións.

Acompañouna Suso Martínez, quen nos ofreceu unha perspectiva diferente: a de paciente. Contounos que lle diagnosticaron a enfermidade con tan só vinte anos, e fixo fincapé na importancia da súa contorna persoal no proceso de curación.

Este encontro organizouse como complemento ao traballo de investigación bibliográfica que realizaron coa profesora Raquel Honrubia na materia de Cultura Científica. 

Velaquí algunha fotografía do evento.

(Desde Toc-toc_A Ciencia)





No recanto do Toc Toc preparamos unha pequena exposición sobre o tema. 









16 marzo, 2019

Literiatura [99] : 4ª Bienal Cartoon Book de Irán

Cuarta bienal internacional cartoon book de Irán

Premiados
First-Prize-Aref-Niazi-Iran
Second-Prize-Sajjad-Rafeei-Iran
Third-Prize-Andrzej-Krawczak-Poland
Special-Prize-Bagher-Hematti-Iran
Special-Prize-Bilig-Ba-China
Special-Prize-Jitet-Kustana-Indonesia
Special-Prize-Spiro-Radulovic-Serbia

Special-Prize-Vladimir-Kazanevsky-Ukraine

14 marzo, 2019

Día de π


3,141592653589793238462643383279502884197169399375105820974944592307816406286208998628034825342117067982148086513282306647093844609550582231725359408128481117450284102701938521…



[Quen atope o erro, que avise]

Cancro: recomendacións gráficas


Mañá recibiremos a investigadora Jeanette Rodríguez Val. Pensamos que é unha boa ocasión para facermos algunha recomendación gráfica sobre o tema do cancro.




¡SuperJ al rescate! son cadriños divulgativos de Jesús Sánchez Ruíz, publicados pola Fundación CRIS contra el cáncer. Sinxelos e moi didácticos.

Tamén na rede: Un día como hoy el cáncer de mama entró en casa, grazas á SESPM e Pfizer.



Hai un feixiño de obras que podedes atopar na biblioteca e que se centran no xeito de enfrontaren a enfermidade os doentes e o seu círculo máis próximo.







11 marzo, 2019

8 marzo: os actos.

Celebramos o 8 de marzo cun recital poético pola igualdade que acompañamos da inauguración no marco da Biblioteca do espazo Feminismo situación da muller e dunha exposición de banda deseñada sobre o tema.
As fotos móstrannos a exposición, o espazo e o recital poético. 
A exposición:
 



O espazo Feminismo situación da muller:


O recital:

Encontro coa investigadora Jeanette Martínez Val

O próximo venres 15, a partir das 8:50, na Biblioteca, celebraremos un encontro coa investigadora e profesora da Facultade de Veterinaria da USC (Campus de Lugo), do grupo de Xenética, Jannette Martínez Val.

Tema: Un pouquiño máis sobre o cancro.



Podedes ollar as suxestións de BD sobre o tema que vos facemos no Toc-toc.

06 marzo, 2019

8 de marzo: Día Internacional da Muller

O venres, 8 de marzo, conmemoraremos na Biblioteca o Día Internacional da Muller cun acto poético-reivindicativo e coa inauguración da sección Feminismo e problemática da muller, malia ser este un tema que, ademais de ter a súa CDU no marco das Ciencias sociais, forma parte de xeito xenérico da base documental da Biblioteca. Unha pequena contribución á formación do alumnado de cara ao logro dunha sociedade máis xusta e tolerante que só será posible no marco da igualdade de xénero.

O cartel de dobre cara, localizador do espazo Feminismo, é obra do noso compañeiro Anxo Sebas.





04 marzo, 2019

XI Olimpíada do saber. Clasificación final

Xa temos equipo gañador da XI Olimpíada do saber, SMUD, composto por Aroa Cabaleiro Meijomín, Sofía Fernández Sarria, Marta García Méndez e Andrea González Sanchez. 


Parabéns ás gañadoras así como a todos os equipos participantes.
A seguir a clasificación final:





03 marzo, 2019

Medicina gráfica

 

Procurando a definición máis simple, poderiamos  dicir que medicina gráfica é o uso da banda deseñada como ferramenta de comunicación sanitaria.

No sitio Medicina gráfica, podemos ampliar a definición, pero o fundamental é que nos fixemos na selección de obras e na información que nos proporciona sobre elas: Tema, puntos fortes, por que é medicina gráfica, ligazóns de interese e unha ficha resumo como esta:



Para profundarmos sobre a medicina gráfica, temos o excelente recurso que, como sempre, nos proporciona a imprescindible Tebeosfera no especial que lle dedica e que foi o punto de partida para esta suxestión.

Consultando un e outro, puidemos comprobar que no noso catálogo temos varias das obras que analizan. Bótalle unha ollada.

Ah! Asociada, ou como unha parte da Medicina gráfica, temos a Patografía gráfica: BD centrada nunha enfermidade narrada por un dos seus protagonistas.


Añadir leyenda



desde Toc-toc_A Ciencia