[Na punta da póla]
de Mark Smith en resistart.
Páxinas
▼
28 outubro, 2019
24 outubro, 2019
Lección de Historia
Ao abeiro da exposición "80 anos. Santiago 1936" que actualmente se pode ver no noso instituto, recibimos a visita dos servizos informativos de La Sexta para coñecer no marco de dita exposición, e ante a nova mediática da exhumación dos restos do ditador Franco, a proxección didáctica en base á análise histórica de tal acontecemento.
A profesora Alba Payo impartiu a un grupo de alumnas e alumnos de 2º de bacharelato unha breve lección de historia sobre a relación da exposición coa nova da exhumación, coa activa participación do alumnado.
A seguir a montaxe dos servizos informativos de La Sexta emitido en "La Sexta noticias, 1ª edición".
A profesora Alba Payo impartiu a un grupo de alumnas e alumnos de 2º de bacharelato unha breve lección de historia sobre a relación da exposición coa nova da exhumación, coa activa participación do alumnado.
A seguir a montaxe dos servizos informativos de La Sexta emitido en "La Sexta noticias, 1ª edición".
Día mundial da animación 2019
Un ano máis lembramos que o 28 de
outubro se celebra o Día Mundial da Animación e para tal efeméride
pedímoslle, de novo, a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos
coas doce propostas seguintes:
·
Son unha tumba (2018), Khris Cembe (España-Galicia). Animación, 2D CGI-area,12 min. Trailer en Vimeo
· Le
dernier jour de d’automne (2019), de Marjolaine Perreten (Bélxica-Francia-Suíza). Animación, 2D CGI, 7 min. Trailer en Vimeo
Agouro (2018), de David Doutel e Vasco Sá
(Portugal). Animación, pintura-óleo CGI,15 min. Trailer en Youtube
6:1 (2018), de Sergei Ryavov (Rusia).
Animación, bonecos-plstilina, 3 min.
Memorable (2019), de Bruno Collet (Francia).
Animación, bonecos 3D-CGI,12 min. Extracto en Youtube
Etreintes (2018), de Justine Vuylsteker (Canadá). Animación, pantalla alfinetes, 6 min. Trailer
en Youtube
Guaxuma (2018), de Nara Normande (Brasil-Francia). Animación, area en relevo-bonecos, 14 min. Trailer en Vimeo
Erebeta (2018), de François Vogel (Francia). Animación, pixelación, 4 min. Trailer en Vimeo
Movements (2018), de Dahee Jeong (Corea do Sur). Animación, debuxo animado, 10 min. Trailer en Vimeo
After The
Rain (2018), de Valérian Desterne, Juan Olarte Zúñiga, Carlos
Osmar Salazar Tornero, Lucile Palomino, Juan Pablo de la Rosa Zalamea, Céline
Collin e Rebecca Black (Francia). Animación, 3D CGI, 9min. Trailer
en Yummy Films
L’heure
de l’ours (2019), de Agnès Patron (Francia).
Animación, pintura animada, 14 min. Trailer en Vimeo
22 outubro, 2019
80 anos. Santiago 1936: a inauguración
No vestíbulo do instituto que acolle a exposición 80 anos. Santiago 1936 tivo lugar o acto de inauguración da mesma coa intervención da directora Xoana Mouriño e do profesor da USC Antonio Miguez Macho, membro do grupo de investigación HISTAGRA, quen lles relatou ao alumnado de HMC de 1º de bacharelato o porqué da montaxe da exposición tendo esta como núcleo referencial a cidade de Santiago e que ben podería ser calquera outra cidade ou vila de Galicia. O profesor Antonio Miguez insistitu na necesidade de coñecermos o pasado histórico para poder ter criterio propio na análise do porqué do presente. O percorrido analítico da exposición complementouse coa proxección do vídeo 1936, un novo relato? 80 anos entre memoria e historia realizado por Óscar Gómez.
A seguir unha pequena reportaxe gráfica da exposición e da súa inauguración:
A seguir unha pequena reportaxe gráfica da exposición e da súa inauguración:
20 outubro, 2019
80 anos. Santiago, 1936.
Xa podemos confirmar que no acto inaugural, tal e como se anunciaba no cartel do evento, ademais da presenza da directora do centro, Xoana Mouriño, contaremos coa dos profesores da USC Antonio Miguez Macho e Lourenzo Fernández Prieto.
14 outubro, 2019
18 de outubro: Día Europeo contra a Trata de Persoas
No Día Europeo contra a trata de persoas queremos achegar o noso pequeno gran de area sensibilizando a comunidade escolar ante este grave problema social que perpetúa a escravitude en pleno século XXI.
Sirva como denuncia o cómic “Esclavas” de Alicia Palmer e Bosco Rey-Stolle do que podedes obter plena información na Marela BD e que por suposto a biblioteca pon a dispor da comunidade educativa.
Exposición: 80 anos. Santiago, 1936
O Departamento de Historia, grazas á iniciativa da profesora Alba Payo de contactar co grupo de investigación da USC HISTAGRA, ofrécenos a toda a comunidade do IES Aller Ulloa, en especial ao alumnado de Bacharelato, a posibilidade de desfrutar da Exposición 80 anos. Santiago, 1936.
Como se informa no cartel, a exposición será inaugurada o próximo día 22 de outubro, mais xa poderemos contemplala a partir do venres 18.
Como se informa no cartel, a exposición será inaugurada o próximo día 22 de outubro, mais xa poderemos contemplala a partir do venres 18.
Para saber máis sobre o colectivo de
investigación HISTAGRA podedes consultar a súa páxina web: