Páxinas

16 decembro, 2019

"Chola a it girl". O rural auténtico tamén ten tendencia


O vindeiro xoves 19, a compañía ArtesaCía porá en escena a obra Chola a it girl, espectáculo teatral que se insire no programa de actividades para fomentar a igualdade de xénero entre o alumnado, materia, ademais, que forma parte da oferta educativa do centro.


No folleto informativo da obra, a compañía ArtesaCíaTransmedia deita a seguinte recensión:
"Chola é unha personaxe creada pola compañía ArtesaCíaTransmedia, co obxectivo de levar á escena unha personaxe feminina con identidade ao servizo da historia e non dun protagonista masculino. O obxectivo do proxecto cultural CHOLA&LOLA é transmitir que o rural e o auténtico tamén pode ser tendencia, xunto con recuperar o vello termo de a it girl ("ter iso"). Esta idea orixinal de AtesaCía é unha homenaxe a todas esas mulleres glocais. A esa estirpe de muller decisiva que está un paso por diante da sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza... e pola súa procura incansábel de posibilidades para cultivarse e aprender". 
De aí o subtítulo de O rural auténtico tamén ten tendencia.

12 decembro, 2019

Día Mundial da Sida: o VIH

Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida,    o  1 de decembro, podemos ver no recanto do Toc TocA Ciencia o traballo feito polo alumnado do STEMBAC o pasado curso, sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH. 

O mesmo consta dun mural coa representación do ciclo biolóxico do virus, unha maqueta coa súa estrutura molecular, acompañado dunhas pequenas biografías dos seus descubridores.

A seguir unha mostra gráfica: