de Roberto Netto en Resistart.
Páxinas
▼
26 decembro, 2019
16 decembro, 2019
"Chola a it girl". O rural auténtico tamén ten tendencia
O vindeiro xoves 19, a compañía ArtesaCía porá en escena a obra Chola a it girl, espectáculo teatral que se insire no programa de actividades para fomentar a igualdade de xénero entre o alumnado, materia, ademais, que forma parte da oferta educativa do centro.
No folleto informativo da obra, a compañía ArtesaCíaTransmedia deita a seguinte recensión:
"Chola é unha personaxe creada pola compañía ArtesaCíaTransmedia, co obxectivo de levar á escena unha personaxe feminina con identidade ao servizo da historia e non dun protagonista masculino. O obxectivo do proxecto cultural CHOLA&LOLA é transmitir que o rural e o auténtico tamén pode ser tendencia, xunto con recuperar o vello termo de a it girl ("ter iso"). Esta idea orixinal de AtesaCía é unha homenaxe a todas esas mulleres glocais. A esa estirpe de muller decisiva que está un paso por diante da sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza... e pola súa procura incansábel de posibilidades para cultivarse e aprender".
De aí o subtítulo de O rural auténtico tamén ten tendencia.
12 decembro, 2019
Día Mundial da Sida: o VIH
Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida, o 1 de decembro, podemos ver no recanto do Toc TocA Ciencia o traballo feito polo alumnado do STEMBAC o pasado curso, sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH.
O mesmo consta dun mural coa representación do ciclo biolóxico do virus, unha maqueta coa súa estrutura molecular, acompañado dunhas pequenas biografías dos seus descubridores.
A seguir unha mostra gráfica:

06 decembro, 2019
27 novembro, 2019
Música tradicional e evolución: O acto
Pablo Carpintero e Rosa Sánchez cumpriron unha vez máis coa estratexia de achegar ao alumnado, neste caso de 1º e 2º de ESO, o valor da música tradicional como complemento da evolución humana.
A partir de instrumentos construídos por nenos, da matizada presenza de homes e mulleres na música tradicional, da música en relación á evolución humana e ao seu desenvolvemento e do vínculo entre música e xenética, Pablo e Rosa fóronnos amosando dun xeito lúdico como a música tradicional se foi e se vai transmitindo xeracionalmente formando parte dos valores da cultura popular, acadando desta forma un sentido étnico no marco da evolución humana.
A seguir unha mostra fotográfica do acto da reporteira gráfica Lucía Maceira Lázara, alumna de 2º de ESO:

26 novembro, 2019
VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada: O cartel
Xa hai días que se publicou a convocatoria do certame literario Mª Vitoria Taboda, mais faltaba a entrega do premio á gañadora do cuncurso de carteis, así como o recoñecemento ás persoas finalistas.
Parabéns a todas polo traballo: Noelia, Estefanía, Aida, Érica e a el, David.
A seguir, na primeira foto, a gañadora, Noelia Vázquez Val, a carón do seu cartel; e na segunda a foto cos carteis seleccionados e o alumnado participante:

24 novembro, 2019
Música e evolución con Pablo Carpintero e Rosa Sánchez
Evento músico-evolutivo destinado
ao alumnado de 1º e 2º de ESO.
Ao fío desta
actividade con Pablo Carpintero, non está de máis lembrar que xa nos deleitou
hai uns cursos coa actividade músico-artesán Instrumentos tradicionais que podedes consultar na Marela.
23 novembro, 2019
21 novembro, 2019
Anisakis: o verme que se esconde nos peixes
No Toc-Toc-A-Ciencia damos conta da celebración do IX
Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil e no I Europeo de
Investigación Xuvenil a celebrar na Escola de Enxeñaría
Industrial de Vigo, destinado a alumnado de Secundaria e do último ciclo
de Primaria.
"Anisakis: o verme que se esconde nos peixes" é o título do traballo de investigación a presentar por Alba Fernández Lamela, Noelia Pardo Areán, Andrea González Sánchez e Aroa Fernández Fernández; coordinado polas profesoras Natalia Fernández e Raquel Honrubia.
Para coñecerdes máis polo miúdo o certame e proceso de investigación preme nas fotos dos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo, respectivamente:
20 novembro, 2019
Día de Xosé Neira Vilas
O noso centro, como tantos outros, tamén se quixo sumar á inicitaiva da Fundación Xosé Neira Vilas de celebrar e institucionalizar o día 3 de novembro como "Día de Xosé Neira Vilas", ao abeiro da conmemoración do seu nacemento, coa elaboración de dúas curtas baseadas en relatos de Memorias dun neno labrego, e realizadas por alumnado de 3º ESO, coordinados polo profesor Suso Amboage.
"Retrincos de Memorias dun neno labrego" foi o título escollido:
"Retrincos de Memorias dun neno labrego" foi o título escollido:
18 novembro, 2019
Cancro: casualidade ou causalidade? Unha experiencia de aula
Os nosos parabéns á compañeira Raquel Honrubia, profesora de Bioloxía, quen presentou no XXXII Congreso de ENCIGA celebrado en Viveiro, a comunicación Cancro: casualidade ou causalidade? Unha experiencia de aula, na que mostrou ao profesorado asistente o excelente traballo que o curso pasado realizou co alumnado de Cultura Científica de 4º de ESO.
Podedes ler o resumo do relatorio no número 88 do Boletín das Ciencias.
Podedes ler o resumo do relatorio no número 88 do Boletín das Ciencias.
A seguir a nova gráfica da súa intervención...
Máis en Toc-TocA Ciencia
11 novembro, 2019
08 novembro, 2019
VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral,
dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao
medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Preme no cartel, obra da alumna de 2º de Bacharelato de Artes Noelia Vázquez Val, para ler as bases da convocatoria.
Preme no cartel, obra da alumna de 2º de Bacharelato de Artes Noelia Vázquez Val, para ler as bases da convocatoria.
Tamén podes baixar as bases en PDF
07 novembro, 2019
Ano Internacional da Táboa Periódica. Epílogo
A UNESCO declarou o 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica, e como ramo ás actividades desenvolvidas o curso anterior contamos coa exposición "Entre moléculas" do CSIC, acompañada dunha selección de elementos da Táboa periódica coa explicación en inglés, así como da Táboa Periódica en galego e fondos da bilioteca.
Preme na imaxe para ver as suxextións sobre a exposición:
A seguir unha reportaxe gráfica:
A seguir máis fotos de alumnado cumprimentando as suxestións sobre a exposición:
Preme na imaxe para ver as suxextións sobre a exposición:
A seguir unha reportaxe gráfica:
A seguir máis fotos de alumnado cumprimentando as suxestións sobre a exposición:
Margarita Salas. In memóriam
Hoxe recibimos a mala nova do falecemento da egrexia bioquímica Margarita Salas, pioneira xunto co seu home Eladio Viñuela da biloxía molecular en España.
Nós quixémoslle render homenaxe, lembrando unha vez máis a súa figura que as súas propias palabras definen á perfección: "Un país sin investigación es un país sin desarrollo".
A seguir tedes uns enlaces para saber máis da súa vida e obra e algo moi sentimental a sinatura coa que agasallou a nosa compañeira Natalia.
Toc-Toc-A-Ciencia
mujeresconciencia
CSIC

03 novembro, 2019
Día da ciencia en galego
Como todos os anos, e xa van dez, o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, e ao fío deste evento non está demais lembrar que o pasado 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Tomás Batuecas Marugán, estremeño que situou Galicia no mapa do cálculo das masas atómicas. [Ler más na páxina da RAGC]
E tal como deita a web divulgaccion.org "non é casualidade que a RAGC decidise dedicar o Día da Ciencia en Galicia á figura de Tomás Batuecas Marugán. E isto é así porque este personaxe, primeiro catedrático de Química Física na Universidade de Santiago, estivo moi ligado á IUPAC durante as tres décadas que foi profesor en activo da nosa universidade, e porque coa súas investigacións sobre masas atómicas permitiu mellorar a información sobre os elementos químicos da Táboa Periódica".
A este respecto, hai que lembrar que estamos a celebrar o Ano Internacional da Táboa Periódica e que o noso centro se sumou ás actividades que se están a celebrar construíndo a nosa particular táboa periódica que poderemos contemplar de novo nos próximos días como ramo a tal celebración, acompañada da exposición "Entre moléculas" do CSIC.
No Toc-Toc-A-Ciencia e na Marela podedes informarvos sobre a nosa Táboa Periódica.

Foto ragc.gal

28 outubro, 2019
24 outubro, 2019
Lección de Historia
Ao abeiro da exposición "80 anos. Santiago 1936" que actualmente se pode ver no noso instituto, recibimos a visita dos servizos informativos de La Sexta para coñecer no marco de dita exposición, e ante a nova mediática da exhumación dos restos do ditador Franco, a proxección didáctica en base á análise histórica de tal acontecemento.
A profesora Alba Payo impartiu a un grupo de alumnas e alumnos de 2º de bacharelato unha breve lección de historia sobre a relación da exposición coa nova da exhumación, coa activa participación do alumnado.
A seguir a montaxe dos servizos informativos de La Sexta emitido en "La Sexta noticias, 1ª edición".

Día mundial da animación 2019
Un ano máis lembramos que o 28 de
outubro se celebra o Día Mundial da Animación e para tal efeméride
pedímoslle, de novo, a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos
coas doce propostas seguintes:
·
Son unha tumba (2018), Khris Cembe (España-Galicia). Animación, 2D CGI-area,12 min. Trailer en Vimeo
· Le
dernier jour de d’automne (2019), de Marjolaine Perreten (Bélxica-Francia-Suíza). Animación, 2D CGI, 7 min. Trailer en Vimeo
Agouro (2018), de David Doutel e Vasco Sá
(Portugal). Animación, pintura-óleo CGI,15 min. Trailer en Youtube
6:1 (2018), de Sergei Ryavov (Rusia).
Animación, bonecos-plstilina, 3 min.
Memorable (2019), de Bruno Collet (Francia).
Animación, bonecos 3D-CGI,12 min. Extracto en Youtube
Etreintes (2018), de Justine Vuylsteker (Canadá). Animación, pantalla alfinetes, 6 min. Trailer
en Youtube
Guaxuma (2018), de Nara Normande (Brasil-Francia). Animación, area en relevo-bonecos, 14 min. Trailer en Vimeo
Erebeta (2018), de François Vogel (Francia). Animación, pixelación, 4 min. Trailer en Vimeo
Movements (2018), de Dahee Jeong (Corea do Sur). Animación, debuxo animado, 10 min. Trailer en Vimeo
After The
Rain (2018), de Valérian Desterne, Juan Olarte Zúñiga, Carlos
Osmar Salazar Tornero, Lucile Palomino, Juan Pablo de la Rosa Zalamea, Céline
Collin e Rebecca Black (Francia). Animación, 3D CGI, 9min. Trailer
en Yummy Films
L’heure
de l’ours (2019), de Agnès Patron (Francia).
Animación, pintura animada, 14 min. Trailer en Vimeo