Para este curso 2020-2021 e seguindo as recomendacións protocolarias anti-COVID, a Biblioteca informa das seguintes medidas para o seu bo uso e correcto funcionamento:
1.
A biblioteca terá un aforo máximo de
27 persoas, sen
contar o profesorado de garda, en cumprimento das condicións de seguridade
establecidas polo protocolo anti-COVID.
2.
Só abrirá en horario lectivo de mañá,
permanecendo pechada polas tardes.
3.
Accederase á Biblioteca pola porta
principal gardando sempre a distancia de seguridade e
utilizando a máscara protectora.
4. O alumnado só poderá acceder durante
os recreos, nunca durante as clases.
5. Os lugares para sentar estarán identificados
cun adhesivo de cor verde.
6. Daráselle ao alumnado ao
entrar un adhesivo de cor para que o deixe pegado no lugar ocupado a fin de
proceder á súa desinfección.
7. A devolución de libros ou outro material deberá de realizarase de xeito
persoal sen intermediarios.
8. No momento da devolución só poderá haber unha persoa no mostrador da
Biblioteca, gardando a distancia de seguridade.
9. Os libros devoltos
deberán permanecer en caixas convenientemente identificadas e illadas como
mínimo 4 horas antes de volver aos andeis.
10. Préstamos: Se alguén quere
levar libros prestados deberá comunicarllo ao profesorado que estea na
Biblioteca, non podendo collelos directamente dos andeis.
11. Non se poderán utilizar os ordenadores da biblioteca, como medida de protección contra a COVID-19.
12. Non se poderá usar o espazo “Recanto do lector”, como medida de seguridade ante a COVID-19.