Páxinas

24 febreiro, 2023

23 F: Día de Rosalía

Este 23 de febreiro, para conmemorar o Día de Rosalía, o alumnado de 4º ESO recitou uns poemas escollidos polo Dpto. de Lingua e Literatura galegas do IES Aller Ulloa. A selección busca achegarvos algúns dos textos máis alegres e próximos á literatura popular.

Da man da súa profesora de Relixión, Mª Jesús Barcala, gravaron os podcasts que podedes escoitar na ligazón a Cantares Gallegos e a Cantares Gallegos e Follas Novas

E se queredes coñecer algúns datos máis sobre a santiaguesa nesa podedes volver ver o vídeo  que recolle a teatralización que o curso pasado coordinou Carmen Frade co seu alumnado de Lingua e Literatura de 4º ESO.

Imaxe do vinilo que preside a zona de clubs de lectura da Biblioteca Mario Pereira.

17 febreiro, 2023

Ao fío de... Día da radio

 Para celebrar o Día mundial da Radio o alumnado de Relixión do 2º curso do Bacharelato decidiu entrevistar a Saleta Fragueiro, profesora de Inglés do IES Aller Ulloa que vén de participar nun Programa Piale, cunha estadía de 4 semanas nun Instituto de Educación secundaria en Canadá. De por que acabou adicándose ao ensino e de que lle aportou ese mes nas aulas canadenses deu boa conta na entrevista.

Aquí vos deixamos un par de fotos, con Saleta, de cor laranxa, de costas á camara e catro dos alumnos do grupo de María Jesús Barcala, así como o enlace á canle de Marela Radio, para que escoitedes a entrevista completa.





Foto: Mª Jesús Barcala

13 febreiro, 2023

Meco 2023

 Este ano o Meco, ou Meca,  chegou dereitiño do Cocido, e vén con forza, indicándonos como debemos andar, cada día da semana, polo instituto. Do seu vestiario estanse a encargar o alumnado de FP Básica II e Marta Otero. E a publicidade dos seus mandados, en forma de cartel, correu a cargo de Saleta Fragueiro. 

Nós imos ser guiadiños e facerlle caso:




08 febreiro, 2023

Coa nosa xente : Óscar Rapado González

Unha vez máis, congratulámonos do éxito do alumnado co que tivemos a fortuna de sermos parte da súa formación e que co tempo vai demostrando a súa valía persoal e profesional.

E hoxe a quenda é de Óscar ao que lle damos á benvida na sección Coa nosa xente, ao fío de lle ser outorgado pola Real Academia de Doctores de España o premio á mellor tese doutoral no eido das Ciencias da Vida e a Saúde, polo traballo de investigación  Liquid Biopsies for Precision Medicine in Colorectal and Head and Neck Cancers: Saliva and Blood Biomarkers (Biopsias líquidas para medicina de precisión en cancro colorrectal e de cabeza e pescozo: biomarcadores de saliva).

Óscar amosando o Diploma acreditativo.

Óscar, no centro da imaxe, o día da lectura da súa tese

Óscar presentou no seu momento con éxito a tese ante o IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria), institución á que pertence. Na web do IDIS lemos sobre a tese a seguinte recensión:

El estudio se enmarca en la línea de trabajo que sigue el grupo de investigación de Oncología Médica Traslacional con el objetivo de identificar marcadores diagnósticos no invasivos a través del análisis de muestras de saliva. El investigador ha analizado tanto marcadores genéticos como epigenéticos en muestras de pacientes con cáncer colorrectal y de cabeza y cuello para identificar firmas con interés para el diagnóstico de ambos tumores.

No referente á dita tese de investigación, Óscar sinala: "Esta caracterización pon de manifesto o potencial valor do estudo da integridade do ADN como biomarcador de cancro oral".

Máis información no Facebook da Marela Tarabela

Parabéns a esgalla, Óscar.

A seguir, Óscar cando o 2º do Bacharelato:

 
Óscar no curso 2008-09. Copyright IES Aller Ulloa