O alumnado de Lingua e Literatura Galegas de 1º do Bacharelato, o de Cultura Audiovisual e mais o de Expresión Artística de 4º da ESO do noso Instituto visionou a produción audiovisual "María Balteira, reflexos do xénero", reflexionando sobre a presenza de estereotipos de xénero na literatura medieval e na actualidade.
Páxinas
30 abril, 2024
María Balteira: xénero, literatura e cultura audiovisual
Trastornos de orixe xenética
Baixo a coordinación da profesora Natalia Fernández Basterra, o alumnado de Bioloxía de 4º ESO A levou a cabo unha pequena investigación sobre TRASTORNOS DE ORIXE XENÉTICA debidos a alteracións no número de cromosomas.
Procuraron información sobre algunhas monosomías como a síndrome de Turner, sobre trisomías como a síndrome de Down ou a síndrome de Klinefelter. Sobre alteracións nos autosomas como a acondroplasia e o albinismo.
Estudaron tamén alteracións nos xenes ligados ao cromosoma X como a hemofilia e o daltonismo, así como enfermidades xenéticas debidas á herdanza autosómica dominante ou recesiva, como a fenilcetonuria, a fibrose quística, a síndrome de Marfan ou as debidas a mutacións, como a enfermidade de Huntington, entre outras.
Indagaron sobre as técnicas que existen para diagnosticar algúns destes trastornos xenéticos como a biopsia de pilosidades coriónicas, a amniocentese e a punción do cordón umbilical.
Pódense ver no recuncho do Toc-Toc-A-Ciencia, xunto con libros da biblioteca relacionados coa Xenética.
Fotografías de Natalia Fernández Basterra |
25 abril, 2024
1974-2024, medio século de democracia
Tal día coma hoxe, hai xusto medio século, coa música de Grândola vila morena, o exército portugués botouse ás rúas, en son de paz. O pobo uniuse aos militares e os caraveis substituíron as balas. A ditadura caeu. Desde aquela, en Portugal " o povo é quem mais ordena".
Para que a Historia non se repita, para que as dúas ditaduras ibéricas que correron parellas, NUNCA MÁIS volvan aparecer nas nosas vidas, para que a nosa rapazada coñeza os feitos, reflexione e aprenda deles, a música do Zeca Afonso soará no IES Ramón María Aller Ulloa durante o tempo de lecer deste 25 de abril.
E se queredes ler algunha novidade, ou algún dos clásicos da literatura do país veciño, podedes ver unha pequena selección na entrada do IES ou rebuscar e/ou pedir axuda na sección 869.0 da Mario Pereira.
23 abril, 2024
X Concurso Literario Mª Vitoria Taboada : o libro
Sara López Rodríguez |
Portomarín e outros misterios
15 abril, 2024
Monumento a Aller: Tempo de instalación
O monumento a Aller foi inaugurado o 4 de setembro de 1960. Francisco Asorey finaría o 2 de xullo de 1961. Trátase pois da última grande obra do escultor.
Esta foto que descubrimos hai pouco correspóndese, como vedes, co tempo da instalación. Tres homes que non podemos identificar (podería ser un o escultor, con 71 anos?) subidos aos rústicos andamios semellan darlle os últimos retoques. Faltan aínda os elementos metálicos: a esfera armilar, o nome ALLER e as lendas (CIENCIA, VIRTUD).
Os tres canteiros subidos na estada lémbrannos, neste día Mundial da Arte, a importancia dos oficios e a artesanía á beira das excelencias artísticas e científicas.
A devoción que o astrónomo lles profesaba, lembrabánola Vitorino Gutierrez Aller en 2009:
"Na senda do pai (que chegou a construír un harmonio), Don Ramón cultivaba, con especial predilección e habelencia, as artes manuais. Xa catedrático en Santiago, as súas compañías referentes en Lalín eran os artesáns: O ferreiro Lamego, o latoeiro de Venancio, o reloxeiro Vilariño e o carpinteiro de Lalín de Arriba.
Nomes e oficios que nos evocan un pequeno mundo de artesanía, no que tan comodamente se sentía o noso sabio e no que atopaba
aliados para mellorar o instrumental científico da época. Don Ramón “sentía devoción especial polos artesáns” e el mesmo era “un artesán de categoría”."
12 abril, 2024
Xornadas de primeiros auxilios
06 abril, 2024
Marcapáxinas de elaboración propia
Desde hoxe mesmo, podedes levar da nosa biblioteca uns marcapáxinas orixinais, elaborados polo alumnado de FP Basica I, coordinado por Iria Ares e Ánxeles Francis.
Os marcapáxinas son o produto final, e máis vistoso, do traballo en Canva, empregando un glosario de termos informáticos básicos en inglés, que se insire dentro do PFPP, na liña desenvolta desde a Biblioteca.