O día 29 de maio, Mario Pereira (responsable da biblioteca), MªJesús Gracia (Vicedirectora) e Xoana Mouriño (Directora) recibiron, nun acto presidido polo secretario xeral de Educación, Alejandro Tiana, na Biblioteca Nacional de Madrid, o segundo premio do Concurso convocado polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) sobre boas prácticas nas bibliotecas escolares en 2006.
Ao acto asistiron, ademáis dos mencionados, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e o delegado provincial da Consellería de Educación en Pontevedra, Cristóbal Fernández.
No mesmo acto, o instituto Leliadoura, de Ribeira, recibiu un terceiro premio. Parabéns!!!
Accede a noticia como foi publicada en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia.
Parabéns.
ResponderEliminarEstades guapísimos nas fotos.
Dende o fondo do meu corazón, moitísimas noraboas. Sodes os mellores.
ResponderEliminarParabéns. As bibliotecas escolares galegas dando exemplo. Moi ben feito, ser superior!
ResponderEliminarUnha aperta dende Fene
Parabéns Mario, ser superior da biblioteca. Espero que Madrid vos recibise todo o ben que merecedes.
ResponderEliminarBICOS
charo ies sánchez cantón
Xa o sabedes: no Colmeiro sentímonos tan ledos coma vós. Noraboa de corazón!
ResponderEliminar