Páxinas

13 novembro, 2007

Javier Mosquera: nova visita

Javier Mosquera (Guatemala, 1961) reparte os seus tempos literarios entre a creación e a docencia. Como profesor de literatura, consagra o seu esforzo aos barrios marxinados de Guatemala: no medio do fogo cruzado que manteñen as bandas xuvenís (delincuencia, narcotráfico, asasinatos) e as multinacionais (traballo infantil, explotación, alienación...), Javier ergue as palabras da educación, a dignidade, a esperanza.

Hai cousa de ano e medio, estivo connosco presentando o seu último libro de relatos e léndonos o seu primeiro conto escrito directamente en galego.

En galego? Un guatemalteco? Pois si. Javier descubriu hai uns poucos anos a aldea orixinaria do seu avó (Bermés) e foi tal o impacto que decidiu aprender e militar no idioma que acababa de descubrir.

“Perdoa que non fale moi ben –díxome a última vez-, é que en Guatemala non teño moito con quen practicar”. Falaba moi ben e deunos a charla enteira en galego; el, que sumando todos os días que botou en Galiza non chegou a estar aquí nin mes e medio.



Ningún comentario:

Publicar un comentario