Páxinas

25 febreiro, 2008

A liga das estrelas...

A Olimpíada do Saber chega ao seu ecuador.

Transcorridas as tres primeiras semanas, e con 24 equipos inscritos, estes son os sete primeiros clasificados:
O cuarteto asasino  38 ptos.
(...)               32 ptos.
E logho ti...?      30 ptos.
The glever          29 ptos.
Sabemos moito       19 ptos.
Spaf                18 ptos.
Anónimos            17 ptos.




Parece que os candidatos ao primeiro premio final se van perfilando entre os catro primeiros clasificados.
Con todo, non se sabe que sorpresas poden aparecer.
Sobre todo, non se sabe que outros tipos de premios pode haber e, polo tanto,
é recomendable que ningún equipo dos que se manteñen abandone agora.
Se cadra, perde algún deses premios sorpresa.

Pulsa na imaxe da esquerda para ver ben os premios que hai...

24 febreiro, 2008

Últimas novidades na biblioteca: HARRY POTTER e outros...

J. K. Rowling: Harry Potter e as reliquias da morte.

Nesta final e sétima entrega da serie de Harry Potter, J. K. Rowling desvela dunha forma espectacular as respostas ás moitas preguntas que tanto tempo se levan esperando coñecer. Unha narración fascinante, ricamente tecida e cun ritmo trepidante, dunha autora que é mestra do relato, cuxos libros serán lidos, relidos e se han volver a ler.





Amos Oz: Una historia de amor y oscuridad.

As memorias de Amos Oz, último Premio Príncipe de Asturias de las Letras, constitúen unha obra mestra da literatura. Configuradas como unha narración a medio camiño entre a novela e a autobiografía, e situadas con precisión na peculiar e dramática historia recente de Israel, mostran unha imaxinación narrativa excepcional e unha perspectiva sobre a propia existencia e as súas orixes familiares, entre a ironía máis intelixente e a tenrura máis emocionante.



Stuart Kelly: La biblioteca de los libros perdidos.

Unha curiosidade erudita (pero moi entretida): un repaso ás obras que, de non desaparecer, chegarían estar entre o máis salientable da literatura universal.

De Homero a Georges Perec, ducias e ducias de escritores que pensaron, quemaron, perderon, soñaron ou nunca remataron ducias e ducias de obras que nunca puidemos ler. Agora, cando menos, con este libro podémolas imaxinar.

22 febreiro, 2008

Encuentro con Julio Alberto

Como anunciábamos hace poco, el ex-jugador del F.C. Barcelona Julio Alberto se acercó a nuestro Instituto para dar una charla a los alumnos de 3º de ESO sobre el problema de las adicciones. El encuentro fue un éxito, sobre todo gracias a la claridad con la que Julio Alberto planteó el tema, esto es, sin rodeos ni medias tintas.


Esta fue la presentación que David realizó de la charla:

"Julio Alberto es un jugador de la época de nuestros padres. Pero es un hombre de nuestro tiempo. Quiero decir que aunque haya sido jugador de fútbol, ha conseguido dar a la sociedad algo más que un montón de patadas a un balón. Su testimonio sobre su terrible experiencia con las drogas es un servicio a los demás que no tiene precio.
Este hombre, que lo había ganado casi todo en el mundo del fúbol, que corría la banda izquierda como pocos lo han hecho sobre un terreno de juego, un día, después de dejar el fútbol, se puso también a correr otra carrera y tropezó.
La culpable del tropiezo fue la cocaína.
La suya es una historia que todos, de alguna manera, parece que conocemos: alguien que lo tiene todo en la vida y que, de repente, lo pierde por culpa de la droga.
Sin embargo, de tanto creer que conocemos esa historia (en películas, series de televisión y cosas así), nos olvidamos de que quienes la protagonizan no son personajes, sino personas. Y si hay personas, entonces nosotros podemos aprender mucho de sus experiencias.
Es un asunto demasiado importante para creer que ya lo sabemos todo.
Es muy importante tener la suficiente humildad para no creernos superiores a gente como Julio Alberto: los que han estado a un paso de morir por la droga, lo que han recorrido auténticos infiernos por culpa de la droga, no eran personajes: eran personas que tenían una vida como la vuestra o la mía, con sus cosas buenas y sus cosas malas.
Precisamente, de cómo es un error creer que la droga solo ataca a los demás es de lo que viene Julio Alberto a hablarnos hoy.
Bienvenido y gracias por estar aquí."

21 febreiro, 2008

Exposición "A enerxía solar" (xaneiro de 2007) [Unha ollada ao pasado...]

O blog vai medrando e vai tamén tendo algo de sentidiño nas nosas cabezas: recuperamos aquí unha vella entrada dun sublog que rematou sendo fagocitado por este monstruo tarabeleiro que xa non hai quen o poda conter. A exposición "A enerxía solar" foi un modélico exemplo de traballo interdisciplinar que ten, aínda un ano despois, a vixencia do que é un traballo ben feito; é de xustiza, xa que logo, cibersituar no espazo que lle corresponde o seu recordo.O traballo previo......os artefactos creados....un panel solar......a satisfacción final...Os traballadores, os traballos e os libros...

20 febreiro, 2008

LeA Casa: Casas Baratas de Riveiro Coello

Dentro da Trama IRMAU (a nosa rede de Clubs de Lectura), incluímos o LeA Casa.

Le a casa. A casa le. Lea casa. Lea, casa. Lea como se lea, é unha proposta para que as persoas que conviven co noso alumnado de 1º BAC compartan unha lectura da programación de lingua e literatura galegas.

Buscamos un libro que suscitara o intercambio de opinións sobre temas interxeracionais (calquera novela de iniciación podería valer) e no que algunhas cuestións (espazos e tempo/s) fosen máis recoñecibles polo adultos, de xeito que estes complementasen a compresión d@ alumn@.

A proposta é Casas Baratas de Antón Riveiro Coello: anos 69/70, infancia e adolescencia nunha vila (Xinzo, ou calquera outra), tensión entre a cultura agraria e a rural...


http://www.edu.xunta.es/centros/iesallerulloa/system/files/A+marela+tarabela+6+%28Gu%C3%ADa+Casas+Baratas%29.pdf
Envíamos aos domicilios unha carta na que explicabamos os obxectivos do proxecto e encargámoslles á Marela Tarabela unha guía de lectura con suxestións de debate.

Estannos chegando as primeiras ondas e, si!, algunha pequena lea, algún barulliño, estase armando... Polo que sabemos, ningún de tipo negativo.


Se queredes a guía podédela baixar aquí, e se tedes algunha suxestión que facernos, ben que volo agradeceremos.

François Truffaut: A noite americana

Herdeiro da tradición humanística iniciada no cine francés por Jean Renoir, Truffaut converteuse nun personaxe influínte para o cine contemporáneo aínda antes de converterse en director. As súas críticas e ensaios publicados na prestixiada revista Cahiers du Cinéma, a principios dos años cincuenta, gañáronlle o recoñecemento dos especialistas na análise fílmica.

A súa proposta sobre o cine de autor, enunciada en 1954, puxo en perspectiva o papel do director na creación da obra fílmica e terminou por converterse no paradigma a partir do que se analizan as películas ata os nosos días.

Truffaut combinou o seu labor editorial coa filmación de curtametraxes. Finalmente, en 1959, realizou a súa primeira longametraxe, Os catrocentos golpes, cinta que se convertería no punto de partida para unha filmografía abundante en reflexións persoais, e no manifesto fílmico dunha nova corrente cinematográfica.

(Mira na Sección de comentarios de películas para ampliar a información e pulsa aquí para ver as películas de Truffaut que hai na biblioteca).

18 febreiro, 2008

Un maestro do suspense: Alfred Hitchcock

Aquí temos unha das máis maravillosas películas de Alfred Hitchcock: A ventá indiscreta (1954) con James Stewart e Grace Kelly, posiblemente nunhas das mellores interpretacións da súas carreiras cinematográficas.

Unha nova Marela Tarabela en papel


A visita que o ex-xogador do F.C. Barcelona Julio Alberto vai facer ao noso centro é o motivo de que A Marela Tarabela volva saír de paseo.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesallerulloa/system/files/A+marela+tarabela+6+%28Gu%C3%ADa+Casas+Baratas%29.pdf
Dedicada ao tema das adiccións, ofrece un cumprido panorama do material bibliográfico e videográfico máis accesible para os membros da comunidade educativa.

Podes ver e descargar este novo número dun auténtico clásico da prensa escolar pulsando aquí.

17 febreiro, 2008

Xosé María Álvarez Blázquez: natureza, memoria e intimidade

Pensando xa no Día das Letras Galegas do 2008, a biblioteca vén de adquirir a Poesía galega completa de Xosé M. Álvarez Blázquez (ed. Xerais, 2007).

Cunha traxectoria que abrangue case 50 anos, Blázquez escribiu unha poesía dunha riqueza léxica singular, moi próxima á lírica popular pola súa mistura de natureza viva e intimidade, a cal, sobre todo no seu mellor e fermoso libro, Canle segredo, reflicte as reflexións do poeta maduro sobre a nenez, o amor e a vida en xeral.



16 febreiro, 2008

Unha de medo!

Unha homenaxe a F.W. Murnau (1922)
Friedrich Wilhelm Murnau (Bielefeld, 1888, Hollywood, 1931), director de cine alemán. Foi un dos máis influíntes directores da época do cine mudo.
Adscrito ao movemento expresionista dentro do cine alemán que se desenvolveu durante a década de 1920, gran parte da súa obra perdeuse.
A súa película máis importante é Nosferatu, adaptación da célebre novela Drácula de Bram Stoker.
(Ver Sección de Comentarios de películas)

14 febreiro, 2008

14 de febreiro: amor no que tendemos



Hai preto de nós un sitio (unha paisaxe, un monumento, unha vila ou aldea) do que nos falan marabillas. Aínda non o fomos visitar “porque queda tan cerquiña que podemos ir en calquera momento”.
A experiencia con poemas de amor en febreiro contóunola Carme Loriga hai un par de anos. Pareceunos excelente pola súa sinxeleza, e foi por iso que -encerellados en “enredos maiores”- a fomos deixando, deixando... Case nos pasa como con aquel sitio tan veciño que segue esperando por nós.
Por fin nos decidimos, e estamos sorprendidos da acollida.
Seleccionamos vinte e cinco poemas de amor, expuxémolos e realizamos copias en folios de cores (catro por folio) para que cada quen collese o que lle apetecese.
No primeiro día de exposición (seguirá) fixemos 40 copias de cada e “voaron” todas. 40 x 25 = 1000, a conta ben sae.
A onde foron? Non o sabemos. Algúns puideron ir ao lixo ou á páxina dun diario persoal. Outros puideron acompañar un flor enviada á/ao mozo@ ou servir de marca-páxinas para un libro. Quen o sabe?
O único certo é que agora hai mil poemas (e segue) onde antes non os había.
Podes ver e descargar o material empregado na actividade pulsando aquí (para as copias en pequeno dos poemas) e aquí (para as copias en grande).

13 febreiro, 2008

NOVIDADES NA SECCIÓN DE CINE!!!!!!!!!!

Pulsa aquí e comenta ti tamén todo o que queiras sobre o mundo do cine.

05 febreiro, 2008