Herdeiro da tradición humanística iniciada no cine francés por Jean Renoir, Truffaut converteuse nun personaxe influínte para o cine contemporáneo aínda antes de converterse en director. As súas críticas e ensaios publicados na prestixiada revista Cahiers du Cinéma, a principios dos años cincuenta, gañáronlle o recoñecemento dos especialistas na análise fílmica.A súa proposta sobre o cine de autor, enunciada en 1954, puxo en perspectiva o papel do director na creación da obra fílmica e terminou por converterse no paradigma a partir do que se analizan as películas ata os nosos días.
Truffaut combinou o seu labor editorial coa filmación de curtametraxes. Finalmente, en 1959, realizou a súa primeira longametraxe, Os catrocentos golpes, cinta que se convertería no punto de partida para unha filmografía abundante en reflexións persoais, e no manifesto fílmico dunha nova corrente cinematográfica.
(Mira na Sección de comentarios de películas para ampliar a información e pulsa aquí para ver as películas de Truffaut que hai na biblioteca).
(Mira na Sección de comentarios de películas para ampliar a información e pulsa aquí para ver as películas de Truffaut que hai na biblioteca).
Your blog keeps getting better and better! Your older articles are not as good as newer ones you have a lot more creativity and originality now keep it up!
ResponderEliminar