Páxinas

24 abril, 2008

Moncho Valcarce


Grazas á xenerosidade da Irmandade Moncho Valcarce, dispoñemos (do 21 de abril ao 9 de maio) da exposición sobre o Cura das Encrobas.
Con ela como fío condutor poderemos percorrer aqueles anos da Transición, as loitas agrarias en Galiza, a poesía social da época, a canción reivindicativa, as voltas da prensa coa censura... e algunhas cousas máis.
Acompañándoa, pódense ver outras pequenas exposicións:
- Prensa xeral do 20-11-1975 ao 14-11-1975
- Prensa de partido na Transición.
- Revistas da Transición (Triunfo, El Papus, Por Favor, Teima...)
- Autocolantes, panfletos e propaganda da época.
- Libros relacionados coa Galiza do momento.
- Diversos impresos elaborados e distribuídos en Deza.



As visitas para o alumnado organízanse en horario lectivo. Fóra deste horario, calquera persoa que a desexe ver pódese poñer en contacto connosco na Bibliotecas antes das nove da tarde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario