Un dos datos obxectivos que nos permiten avaliar a marcha da Biblioteca é o servizo de préstamos externos (aqueles que a comunidade escolar leva para a casa). Non temos claro o grao de significación que representa, pero -signifique o que signifique- a evolución nos tres últimos cursos non é negativa.
Páxinas
▼
30 xuño, 2008
27 xuño, 2008
Dezaseis mil rexistros: O mundo, 1936
Tras catalogarmos 1.068 documentos este curso, superamos o rexistro 16.000 (o 23 de xuño). Por primeira vez reservamos un número tan redondo para un documento especial. Tocoulle a un Mapamundi escolar, editado en1936.
Houbo varias razóns para facérmolo:
- Séguennos gustando os vellos mapas murais, a pesar de que as novas tecnoloxías os vaian deixando nun recanto. E este é un dos máis vellos que temos.
- A súa información (mesmo os rachóns) séguenos parecendo válida.
- Temos un compromiso antigo con eles: ano tras ano, propoñémonos catalogalos e sempre os sacrificamos ante as últimas adquisicións.
- Gústanos pensar nos ollos que os miraron e permítennos imaxinar todos os seus “compañeiros” que “desapareceron”..., e os lugares a onde foron, e as mans que nolos levaron, e...
Son cousas lindas os mapas!
11 xuño, 2008
[Rescate IV] Camba, 1979
Entre as publicacións que as Comarcas (Deza, Trasdeza e Camba) ofreceron á Transición, é de significar Semente.
Semente é o boletín da Asociación da Mocedade “O fiadeiro”, aquela que tivera como presidente a Xabier Vence Deza.
Semente 1.
Semente 3 (Lectura imprescindible para os interesados nunha ontoloxía do pasotismo e das discotecas)
03 xuño, 2008
Magazine Challenge – Feedback
This year we have changed the Magazine Race into a Magazine Challenge. It’s been probably a bit more difficult, but we thought it would be more interesting. Over 100 students handed in the questionnaires – 44 from 1º/2º ESO, 16 from 3º/4º ESO, and 49 form Bacharelato - and a lot of questionnaires were correct in spite of some spelling and grammar mistakes. In fact, we had to draw lots to choose the winners, who were:
- Rubén Iglesias (2º D de ESO)
- Javiera Cortés (3º A de ESO)
- Beatriz Jácome (1º B de Bach)
They were given an English reader with CD and a free snack at the school canteen for a week. We hope to have our contests next near again. See you!