Páxinas

27 xuño, 2008

Dezaseis mil rexistros: O mundo, 1936


Tras catalogarmos 1.068 documentos este curso, superamos o rexistro 16.000 (o 23 de xuño). Por primeira vez reservamos un número tan redondo para un documento especial. Tocoulle a un Mapamundi escolar, editado en1936. 
 


Houbo varias razóns para facérmolo:

  • Séguennos gustando os vellos mapas murais, a pesar de que as novas tecnoloxías os vaian deixando nun recanto. E este é un dos máis vellos que temos.
  • A súa información (mesmo os rachóns) séguenos parecendo válida.
  • Temos un compromiso antigo con eles: ano tras ano, propoñémonos catalogalos e sempre os sacrificamos ante as últimas adquisicións.
  • Gústanos pensar nos ollos que os miraron e permítennos imaxinar todos os seus “compañeiros” que “desapareceron”..., e os lugares a onde foron, e as mans que nolos levaron, e...
Son cousas lindas os mapas!

2 comentarios:

  1. Vaia se é lindo, Pereira!!! E o da imprenta ELZEVIRIANA...xa non hai cousas así... Noraboa polo achádego.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo traballo e polo achádego.

    ResponderEliminar