Páxinas
▼
21 abril, 2009
C@nt@s c@nt@s: Guti de Sanabria
Dentro das actividades de activación de modelos tradicionais, o próximo venres visítanos José Luís Gutiérrez. "Guti de Sanabria" é un dos grandes narradores orais (e algo máis) da Península (e algo máis). Natural de Aliste fai honor ao privilexiado espazo onde se criou e vive; ese espazo entre Galiza, Zamora e Portugal no que as "fronteiras" non conseguen esnaquizar a continuidade e a profundidade cultural e no que, en poucos quilómetros, nos podemos atopar con catro idiomas: portugués trasmontao, castelán zamorano, galego oriental e mirandés.
(Non se espera que a neve nos obrigue a repetir, outra vez, esta entrada...)
preme na imaxe para saber de que vai a cousa...
Temos un agasallo para vós en Unha lagoa de libros (http://unhalagoadelibros.blogspot.com)
ResponderEliminarSaúdos desde Ourense.