Gosto
de mirar e remirar un libriño que Castrelos publicou en Vigo alá
polo 1976 (60 pesetas) co
título de Cousas de nenos;
nel recóllense algunhas
das viñetas periodísticas nas que Castelao utilizou ós rapaces como protagonistas. Sendo en branco e negro, son
especialmente cegadoras.
Recorda Claudio
González Pérez, no seu Pórtico, unhas coñecidas palabras de Mark
Twain que Castelao colocara ao comezo de Un ollo de vidro:
"debaixo do humorismo hai sempre unha grande door (...)".
Penso eu que a viaxe é de ida e volta: a dor expresada con humor
recrúase por obra do contraste e, así, termina por ser moito mellor
perfilada. E quen di dor, di tristeza, desacougo, incomprensión:
calquera deses sentimentos que Castelao recollía con tanta
perspicacia no tenso espazo de fronteira entre as persoas e a
sociedade.
O que sempre me gustou
destas viñetas é, precisamente, que, lonxe de reflectir un estrito
momento, contan unha historia. Son contos gráficos hiperbreves nos
que a imaxe materializa en individuos concretos o sentido do texto
que as acompaña.
É a imaxe, sinxela que non simple, a que, coa
precisa atención do autor pola roupa e os xestos das facianas, a que
prolonga a frase do pé cara atrás e cara adiante no tempo. Hai,
así, unha constante actitude de denuncia da
cotiá e real experiencia do abuso de poder e autoridade dunha época
que, na ausencia de referencias paisaxísticas e temporais precisas,
en moitos casos parece aínda a nosa.
[Nenos de Castelao no museo de Pontevedra]
[Nenos de Castelao no museo de Pontevedra]
Eu prefiro o Castelao serio ao Castelao chistoso. O primeiro perdura, o segundo é fugaz coma un sorriso.
ResponderEliminarNota: por razones irracionales, cinco años después de publicarse esta entrada, al autor de la misma se le ocurrió, sin ser consciente de que ya lo había hecho, volver a publicarla cambiando algunas cosas. Se ha sustituido el contenido antiguo por el nuevo, muy similar, pero se ha mantenido su lugar en la cronología.
ResponderEliminarEl comentario de Xabier Carracido venía, seguramente, al caso de este párrafo ahora eliminado: "Teño por ben seguro que, de Castelao, algúns deberían ler máis as súas cousas que o seu couso de Sempre. Cecáis, o sentido de tantas pretensións inconcibibles nestes tempos quedarían alumeadas baixo outra luz, ó mellor menos realista, pero dende logo bastante máis real."