Páxinas

03 marzo, 2010

Un prego de cordel sobre o lobo da xente



A nosa idea de argallar algunha cousa sobre a literatura de cordel fai que vaiamos encontrando referencias a ela onde, noutras circunstancias, nos pasarían inadvertidas.

Esta debémoslla á imprescindíbel Galicia Encantada de Antonio Reigosa, que nos proporciona dixitalizado o artigo de Félix Castro: “Un prego de cordel descoñecido sobre o caso de Manuel Blanco Romasanta: o "home do unto" e unha escolma bibliográfica sobre o mesmo”, publicado previamente en Lethes. Cadernos Culturais da Limia, Inverno 2007-2008.

O traballo de Félix Castro é admirábel por, cando menos, dúas razóns:
a) O percorrido que realiza pola bibliografía (e cinematografía) sobre Romasanta vai máis alá do que promete o título e ofrécenos unha magnifica panorámica de todos os fíos que foron tecendo o mito do saca untos ou lobisme de Allariz.
b) O relato da perseveranza que guiou a Félix Castro a procurar e atopar un prego de cordel do que non había noticias e que fora editado en 1853, en Madrid.

Dá gusto poder agradecer este tipo de traballos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario