Hoxe, 3 de febreiro, cúmprense 135 anos do nacemento de Don Ramón Aller.
Para conmemoralo, ofrecémosvos as referencias de tres documentos: dous vídeos e unha conferencia.
En Historias de Galicia, da TVG, atopamos cinco excelentes minutos de aproximación á vida e á obra de D. Ramón.
(Por certo, "a modernez arquitectónica" que menciona o presentador xa non existe. Grazas ao empeño do profesor Docobo, o observatorio deu unha voltiña atrás para aproximarse ao orixinal)
Ao segundo vídeo, de Voz TV, non lle sobraría un chisquiño máis de documentación.
(Por certo, non hai ningún cráter na lúa que leve o nome de D. Ramón. Houbo unha proposta, está habendo intentos e, por agora nada máis.)
--
Mencionamos ao profesor Docobo e fixemos referencia á documentación. Tratándose de D. Ramón, un e outra sempre van unidos.
Clara, concisa e precisa é a conferencia (Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia) que o astrónomo coruñés lle dedica ao noso sabio, recollida no vol. XXX da revista de Real Academia Galega da Ciencias.
D. Ramón e a súa discípula, Antonia Ferrín. A foto está tomada da referida publicación do profesor Docobo. |
Vídeo da USC:
ResponderEliminarhttp://tv.usc.es/mmobj/index/id/404
Graciñas, Cibrán. Non sabiamos que estaba na Rede.
ResponderEliminarÉ un vídeo ao que lle queremos moito. De feito, empregámolo para presentarlle D. Ramón ao alumnado de primeiro.