Non adoito recibir con agrado sobres de libros non solicitados. Raramente traen algo de interese para nós (mesmo sospeito que, na maior parte dos casos, nin para o remitente!). Claro que hai excepcións. Unha delas, unha excepcional excepción -diría eu- é Fratografías: 35 anos de humor dentro da educación, remitida pola Universidade de Vigo, alá polo 2004.
Grazas a ela, souben de Francesco Tonucci, Frato, e comecei a atopar referencias ao seu traballo e ao seu pensamento onde antes non as vía. O que é saber das cousas! Algunhas delas, seleccioneinas para a Marela BD.
Por exemplo, podedes ler dúas entrevistas: unha con Pablo Montero Souto ("Pedagoxía urbana e dereito á cidade") e outra con P. Piñeiro, ou render (obrigada)visita á súa cidade dos nenos.
Pois ben, esta fin de semana dei casualmente con dúas novas: por unha banda, a información de Javier Ramajo ("La calle es peligrosa porque no hay niños") en El diario.es, por outra, a colaboración de Frato e Gomaespuma, para yoestudieenlapublica:
Ben vedes, non me resistín a compartilas convosco.