Páxinas

21 febreiro, 2014

Proxecto interdisciplinar: Somos diversos

Deseñado polo grupo Kale Kela como un proxecto interdisplinar, "Somos diversos" móstrase durante esta quincena na entrada do instituto.

Trátase dun proxecto que, tal como consta na súa presentación, se elabora con varios obxectivos:

Primeiro, demostra-la diversidade de culturas que compoñen o noso mundo. Deste xeito, os alumnos elaboraron portadas orixinais de textos literarios procedentes de tódolos continentes. Ademais, para reflecti-la riqueza cultural que se referiu, realizáronse versións musicais de composicións tradicionais dos diferentes continentes. Tamén a exposición está acompañada de cinco retratos que representan a individuos representativos das diferentes razas do noso mundo. Nos paneis de información, deseñáronse en cartulina tódolos continentes, incluíndo datos nos que aparecen lugares e entornos significativos da nosa realidade. Finalmente, expóñense algúns exemplos de visións tradicionais e populares do noso mundo no panel de ciencia, acompañados da explicación estritamente científica, e ofrécense esencias dos diferentes continentes para que se potencie o goce cos sentidos.


Segundo, afianza-lo respeto a tódalas minorías e facilita-lo disfrute da exposición a tódalas personas que teñan algunha discapacidade auditiva ou visual. Con este fin, tódalas actividades plásticas (portadas, cadros, mapas…) teñen relevo (isto é, obxectos no seu deseño) para que poidan ser tocados; ademais,  acompáñase a información en linguaxe de signos para xordos, e paneis informativos (todo realizado artesanalmente cos alumnos) co código braille para cegos. As partituras musicais, pola súa banda, asocian tamén as notas con cores; o obxectivo é que sexan interpretables por persoas con dificultades auditivas. Búscase así pois concienciar aos nosos alumnos e a toda a comunidade educativa sobre un mundo plural, diverso, no que a convivencia e o respecto son elementos básicos


Porque este é un taller de todos para todos: sendo como somos únicos, tamén SOMOS DIFERENTES.

Ningún comentario:

Publicar un comentario