Páxinas

09 maio, 2014

Gañador@s do 1º Concurso Mª Vitoria Taboada de Poesía, Relato curto e Microrrelatos

Xa temos gañadores do 1º Concurso Mª Vitoria Taboada de Poesía, Relato curto e Microrrelato.
Os xurados das tres modalidades a concurso emitiron os seguintes fallos:

POESÍA

O xurado integrado por Carlos Míguez Macho, Mª Pilar Espiño Espantoso e Ángeles García Otero  acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª Vitoria Taboada de Poesía aos poemas de asinados co pseudónimo de  "Moraima" que corresponde a Eva González Blanco: "Pola súa apaixonada descrición da dor pola perda amorosa a través dunha linguaxe contida e orixinal, representación en si mesma dos seus últimos versos: Só a poesía é verdadeira / se as palabras reflicten a complexidade / da alma humana”.

Así mesmo, o xurado acorda conceder un accésit aos poemas presentados  baixo o lema "O coello de Alicia que me guía" da autoría de Mariña Castro Fontao: "Polo exquisito control do surrealismo a través dunha linguaxe precisa expresada en versos curtos e cortantes que simbolizan unha visión amarga e descarnada da existencia."

RELATO CURTO

O xurado integrado por Javier López Quintáns, Mª Carme Vivero González e Servando Lois Silva acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª Vitoria Taboada de Relato Curto a Unha mente intranquila de María Framiñán Davila:  por crear unha historia na que “destaca a súa brevidade e concisión, o manexo dos tempos e a súa forma epistolar”.

Así mesmo, o xurado acorda conceder dous accésit:

Un 1º accésit a Pero antes, de quen era? de Helena Pereiras Villamayor,  por elaborar “unha historia ben construída, sinxela e emotiva, que mantén un ritmo axeitado”

E un 2º accésit a O padriño de Xosé de Martín Villar Gil, por construír “un relato ben resolto, cun elemento sorpresa que resulta congruente coa historia”. 

MICRORRELATO

O xurado integrado por: Sebastián Anxo Rozas Álvarez, Xoán Carlos Vizoso González e Ánxeles Francis Otero acordan por unanimidade outorgar o Premio Mª Vitoria Taboada de Microrrelatos aos titulados Dous saltóns, O cocho Manolito e Raro individuo de cidade asinados por Sonia Framiñán González: Polo “humor,  maxia e valores como a amizade ou o reencontro coa natureza que están presentes nestes tres microrrelatos. A sinxeleza da expresión evoca así mesmo as narracións da tradición literaria infantil e popular.
  Para ler os textos premiados preme en Edilingairmau o blog do ENDLG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario