Páxinas

21 novembro, 2014

Poetemáticas 7: Estibaliz Espinosa

O seu blogue chámase (nome completo) [... mmmm...] ✍ blog de Estíbaliz Espinosa [aka Río] ✍ literatura e ciencia en placas de Petri :: a tinta invisible é enerxía escura :: in galician. Iso carga suficientes suxestións para anticiparmos a importancia de códigos científicos e matemáticos na súa obra. Así en Mecánica celeste (1996-1998)  atopamos poemas con vocabulario asociado á astronomía. De número e escollemos este que ben vos ha gustar:



OS números primos

a primacía dos números primos

os primordiais números primos

eu, a número primo

ti, o número primo

primeiro primates, logo números primos

inmortais coma números primos

intocables a berrar cómeme,
e o teu nome coma un cristal de neve polo que ver este poema
naturais             pero primos
irracionais          pero primos


cunha absurda realidade que suscita ás delicias que nos dividen
que incita a máis números primos
e moitos, moitos máis números primos

e así toda unha vida dentro de nós mesmos, números primos
a soñarnos, parodiarnos, desafiarnos números primos
a sabernos tan tristes e tan primos

entre a estupidez da perfección que sempre salda toda conta
e o terceiro canto do galo no que negarse para un renacer 
 
Nas mesmo sitio ao que vos estamos remitindo (bvg.udc.es), poderedes achar máis. Por exemplo Matemáxicas, pertencente a --orama, ou a Lista de fórmulas matemáticas nas que cyborgs, híbridos ou sereas pensan cando namoran dun mortal en textos biónicos para autómatas e ilusionistas 2004-2007 ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario