I.
Na gaiola de
xoaniñas,
chámanlle
infancia
unha
pechadura impenetrable
protexe os
ollos do meniño
de tornarse
vermellos e salgados
pola
verdade.
No recinto
ateigado de portas
chámanlle
xuventude
xurdiu a
chave
deixou a
criatura ceiba
indefensa
mordeuse até
quedar en carne viva.
Que
organismo ousará xurdir
nesta estepa
seca
na que
pretendemos construír
un camiño de
rosas
que murchan?
Onde non hai
máis ca calafríos
na nada.
Estatuas de
marfil
e cairos de
algodón
que enganan.
II.
Alma difusa
orquestra
cadáver
Páxinas
molladas
con
demasiados borranchos
Coma cristal
de botella
rota pola
carraxe
o líquido
derrámase
repta polo
chan
chega aos
sumidoiros
descansa na
podremia.
Namoraches
do teu
propio monstro
Creaches
o teu propio
libreto
Neste teatro
dos voraces
ten máis
liñas ca o resto
Mentres ti,
prima donna
te preguntas
cando vai
estar lista
a túa
máscara impasible.
Medras nun
vertedoiro
de emocións
que tratas
de afogar
coa
almofada.
Descansa, miña
rula,
a ver se a
noite che leva as ambicións
e che trae
vicios.
III.
Coma árbores
coas raíces
traballando na busca de auga
coas ramas
decidindo por onde agromar
co froito
que xorde
cando te
alimentas de luz allea
coas follas
que te enchen
cobren
afogan.
Por iso
agora es tinta
mergúllaste
en augas que non che pertencen
e ao
volverte líquido mudaches en mar.
Non tes que
facer nada
só existir e
ser eterno
mentres te
habitan as sereas
cantándoche
as túas eivas
es a vida
por onde non corre o tempo.
Non corre
porque
tropeza.
Chóveche no
corazón
e na cabeza
supuras
cores que
non existen
murmuras.
No mundo das
fantasías
quero quedar
onde as
nubes son moi altas
e camiño
descalza
onde non
preciso valor.
E se Deus
está a observarme