Páxinas

04 maio, 2015

Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega

Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega é o libro de Pablo Ramil Rego e Javier Ferreiro da Costa sobre ese fenómeno tan propio da nosa paisaxe como é nulo coidado que poñemos no seu mantemento.

O humor que destila non lle resta rigor ao tratamento, nin  eficacia á denuncia.
 
Está publicado pola Asociación Científica Horreum en colaboración co Grupo de Investigación 1934 – Territorio e Biodiversidade do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC, e co Observatorio Galego do Territorio.

Pódese baixar en PDF. 

http://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&ved=0CCcQFjAB&url=http%3A%2F%2Fibader.org%2Farchivos%2Fdocs%2F2015-Guia-Feismo-Galicia.pdf&ei=zj9HVbbTCcK0Ud_WgYgI&usg=AFQjCNG3UGMg11dFkNgRYd9_3cNzIDW1-Q&bvm=bv.92291466,d.d24

Velaquí, un parágrafo do prólogo:
En Galicia a escasa protección que se outorga ás paisaxes excepcionais, cotiás ou degradadas, e a escasa participación nos procesos de identificación e cualificación das paisaxes, propiciou distintos movementos sociais na súa defensa. A eles debémoslles a cuñaxe de novos termos e conceptos, como a "eucaliptización", o "ladrillazo", ou o "feísmo". Co termo feísmo trátase de aglutinar un conxunto heteroxéneo de actuacións efectuadas polo ser humano sobre a paisaxe, froito da introdución de elementos alleos ou construcións distorsionantes que afastan un escenario ou un tipo concreto de paisaxe do seu estatus de "excepcional" ou "cotián". A percepción resulta aquí, como na propia definición que o Convenio de Florencia acuña sobre a paisaxe, o elemento clave. Non exento de subxectividade, pero tamén non exento de criterios ou concepcións aceptadas pola maior parte da cidadanía.
Foi  sabérmolo grazas a Galicia confidencial e querermos compartilo convosco. Tamén vimos a nova no xornal da USC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario