Páxinas

15 xaneiro, 2016

Prefiro ver un biopic de Aller Ulloa...

antes que o de Steve Jobs.

Asorey no seu obradoiro, rematando a estatua de Don Ramón
Ese é o título do artigo que Dani Mexuto publicou a finais de novembro no Praza. Velaquí un fragmento:

"A miña estatua favorita do país está nesta terra, ao carón da Igrexa de Santa María das Dores en Lalín, obra do mestre Asorey, isto era fácil, e mostra ao sabio Aller ocupando o centro de dúas órbitas de pedra concéntricas. Como di Pedrayo en La lámpara vigilante o primeiro monumento dedicado a un astrónomo en Galiza. O deseño orixinal mostraba como dunha base triangular, simbolizando o coñecemento, brotaba auga engorde caendo na primeira das órbitas e retornaba moi paseniño ao cubrir por completo tamén a órbita exterior. O que a obra transmitía era o lento, progresivo e fermoso proceso de aprendizaxe ao longo da vida da man do mellor estudoso das estrelas da historia do noso país."

Non deixedes de ler o texto enteiro, neste ano en que conmemoramos o 50 cabodano do astrónomo. Un texto de Dani que, entre outras virtudes, ten a de evocar en nós dúas imaxes da estatua.

A de arriba, con Asorey subido a unha escada, case tan pétreo como Don Ramón, revela unha luz constante na face e no peito do sabio que multiplica toda a simboloxía que o de Cambados descargou na obra.

A de abaixo, unha vella postal, foi editada por Arribas e distribuída en exclusiva por Alvarellos. Valémonos dela  para, neste xaneiro que nolo levou, renderlle homenaxe discreta a Jaime Alvarellos, ao seu compromiso coa lingua e ao seu espírito permanentemente colaborativo.
 
D.L.: B. 27.896-XVIII

Ningún comentario:

Publicar un comentario