Páxinas

22 marzo, 2016

Astro_poemas (8) : Salvatore Quasimodo

Alla nuova luna

In principio Dio creò il cielo
e la terra, poi nel suo giorno
esatto mise i luminari in cielo
e al settimo giorno si riposò
Dopo miliardi di anni l’uomo,
fatto a sua immagine e somiglianza,
senza mai riposare, con la sua
intelligenza laica,
senza timore, nel cielo sereno
d’una notte d’ottobre,
mise altri luminari uguali
a quelli che giravano
dalla creazione del mondo. Amen.
Fonte foto

Á nova lúa

No principio Deus creou o ceo
e a terra, axiña no seu día
exacto colocou as luminarias no ceo
e ao sétimo día descansou.
Despois de billóns de anos o home,
feito á súa imaxe e semellanza,
sen nunca descansar, coa súa
intelixencia laica,
sen temor, no ceo sereno
dunha noite de outubro,
colocou outras luminarias iguais
a aquelas que xiraban
desde a creación do mundo

A poesía do siciliano Salvatore Quasimodo (1901-1968), premio Nobel en 1959, adoita clasificarse en dous momentos e dous modos. Antes da Guerra Mundial, insírese no movemento hermético italiano. Despois da guerra, entrega a súa poesía ao compromiso social e á transparencia.

Escribiu "Á nova lúa" con ocasión do lanzamento do Sputnik. A perseverancia, o traballo e  enxeño (laico) do home elevan a humana criatura, na procura da súa emancipación de Deus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario