Páxinas

17 abril, 2018

BD divulgativa: As células nai.

A Toc-toc avísanos dun moi útil material BD, proporcionado pola Euro Stem Cell.
 

Uma aventura estaminal, de Joao Ramalho Santos e de André Caetano, ofrécenos unha información esencial en trinta e poucas páxinas. Podedes descargar o orixinal, en portugués, ou a tradución ao inglés.


A segunda, A esperanza máis alá das expectativas, máis breve aínda, queda ben definida no seu subtítulo: A historia da celulas nai desde a súa descuberta ata a terapia, pois incide na súa aplicación na medicina, sen ocultar a polémica que pode xerar a súa aplicación. Podémola descargar en portugués ou en varios idiomas máis, pero non en galego nin en castelán.

Tanto unha como outro exemplifican un bo aproveitamento dos recursos da BD para a divulgación científica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario