Reportaxe do Encontro-Homenaxe a Mario celebrado na xa Biblioteca Mario Pereira do IES Ramón Mª Aller Ulloa:
Páxinas
▼
31 maio, 2019
Marela para Mario
Ao fío do
Encontro-Homenaxe con Mario xorde esta Marela
tan especial para nós.
Corría o ano
2006, cando Mario propuxo dotar de voz a Biblioteca, nace así o
boletín A Marela Tarabela, e
nace coa emotiva carta É o cuarto dos ratos?, que Mario lle escribiu á Biblioteca.
Case catro anos despois da primeira
Marela Tarabela, en decembro de 2006, e baixo o título Todas as Marelas, Mario deitaba no blog a seguinte
reflexión: A
Marela obedecía ao proxecto de transformación dunha biblioteca pasiva a unha
biblioteca activa. Nese sentido, cumpriu, para nós, un papel moi importante:
serviu para facer visible a Biblioteca ante a comunidade docente e tamén para
que nós, o Equipo de Apoio, puideramos ver o noso traballo. Foron catro anos
densos, moi densos, a por de información, formación e ferramentas que fomos
descubrindo. Catro anos, catro séculos! Con todo, a Marela segue aí...
E agora
comprácenos presentar o Extra nº 1, Marela para Mario, que serve de
pequena homenaxe a quen foi o artífice da mesma como complemento perfecto á
tarefa de Fozabibliotecas, como gusta de
chamarse Mario a si mesmo.
E neste momento
de sentimentos encontrados, co gallo da súa xubilación, temos que sentirnos
orgullos de seguir medrando ao abeiro de Mario, para manter vivo o seu reclamo:
Ven
vindo...
Podededes descargala premendo na imaxe.
28 maio, 2019
Encontro homenaxe a Mario Pereira
O próximo venres, 31 de maio, terá lugar na Biblioteca do centro, dentro do marco dos Encontros con..., un Acto-Homenaxe
ao noso compañeiro Mario Pereira co
gallo da súa xubilación.
Vaia por diante a nosa moita gratitude, os nosos moitos parabéns...
Para máis Mario, preme en Faro de Vigo.
27 maio, 2019
Concerto-recital 50 anos da chegada á Lúa celebrado o 22 de maio
Premendo nesta ligazón podedes acceder as actuacións que formaron parte do noso recordo da chegada á Lúa.
Sirva de exemplo inmediato, o recitado da oda de Neruda feito coa fermosa voz de Andrea Segade.
Deseguido algunhas imaxes do evento:
25 maio, 2019
Entrega de premios do VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
O
pasado xoves 23 de maio, tivo lugar na Biblioteca o acto de entrega de premios do VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboda.
O acto foi presentado por Nuria García Pardo, alumna de 3º ESO, e Rubén Fontán Taboada, alumno de 4º ESO; e contou co acompañamento musical de Lía Montero Presas, ao violín, e Marta García Méndez, ao piano, alumnas do centro.
De novo os nosos parabéns ás persoas premiadas: Alba Lugo Rey, Ainhoa Pereira García e Breixo
Rivas Fernández.
A seguir podedes consultar o programa do acto desenvolvido:
E deseguido unha pequena reportaxe do evento:A seguir podedes consultar o programa do acto desenvolvido: