31 maio, 2019

Biblioteca Mario Pereira

Reportaxe do Encontro-Homenaxe a Mario celebrado na xa Biblioteca Mario Pereira do IES Ramón Mª Aller Ulloa:










 





Marela para Mario


Ao fío do Encontro-Homenaxe con Mario xorde esta Marela tan especial para nós.
Corría o ano 2006, cando Mario propuxo dotar de voz a Biblioteca, nace así o boletín  A Marela Tarabela, e nace coa emotiva carta É o cuarto dos ratos?, que Mario lle escribiu á Biblioteca.
Case catro anos despois da primeira Marela Tarabela, en decembro de 2006, e baixo o título Todas as Marelas, Mario deitaba no blog a seguinte reflexión: A Marela obedecía ao proxecto de transformación dunha biblioteca pasiva a unha biblioteca activa. Nese sentido, cumpriu, para nós, un papel moi importante: serviu para facer visible a Biblioteca ante a comunidade docente e tamén para que nós, o Equipo de Apoio, puideramos ver o noso traballo. Foron catro anos densos, moi densos, a por de información, formación e ferramentas que fomos descubrindo. Catro anos, catro séculos! Con todo, a Marela segue aí...
E agora comprácenos presentar o Extra nº 1, Marela para Mario, que serve de pequena homenaxe a quen foi o artífice da mesma como complemento perfecto á tarefa de Fozabibliotecas, como gusta  de chamarse Mario a si mesmo.
E neste momento de sentimentos encontrados, co gallo da súa xubilación, temos que sentirnos orgullos de seguir medrando ao abeiro de Mario, para manter vivo o seu reclamo:
Ven vindo...
Podededes descargala premendo na imaxe.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Marela%20para%20Mario.pdf

28 maio, 2019

Encontro homenaxe a Mario Pereira


O próximo venres, 31 de maio, terá lugar na Biblioteca do centro, dentro do marco dos Encontros con..., un Acto-Homenaxe ao noso compañeiro Mario Pereira co gallo da súa xubilación. 
Vaia por diante a nosa moita gratitude, os nosos moitos parabéns... 

Para máis Mario, preme en Faro de Vigo.

27 maio, 2019

Concerto-recital 50 anos da chegada á Lúa celebrado o 22 de maio

Premendo nesta ligazón podedes acceder as actuacións que formaron parte do noso recordo da chegada á Lúa.

Sirva de exemplo inmediato, o recitado da oda de Neruda feito coa fermosa voz de Andrea Segade.


Deseguido algunhas imaxes do evento:





25 maio, 2019

Entrega de premios do VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboada


O pasado xoves 23 de maio, tivo lugar na Biblioteca o acto de entrega de premios do VI Concurso Literario Mª Vitoria Taboda.

O acto foi presentado por Nuria García Pardo, alumna de 3º ESO, e Rubén Fontán Taboada, alumno de 4º ESO; e contou co acompañamento musical de Lía Montero Presas, ao violín, e Marta García Méndez, ao piano, alumnas do centro.
De novo os nosos parabéns ás persoas premiadas: Alba Lugo Rey, Ainhoa Pereira García e Breixo Rivas Fernández.

A seguir podedes consultar o programa do acto desenvolvido:
 



E deseguido unha pequena reportaxe do evento: