Velaquí doce propostas con temática LGTBI que podedes atopar na nosa colección.
Páxinas
▼
28 xuño, 2020
25 xuño, 2020
La escuela no es un parque de atracciones
Como ramo a este curso anómalo, a Biblioteca faise eco do ensaio La escuela no es un parque de atracciones de
Gregorio Luri, unha indispensable recomendación para o verán.
O libro analiza a problemática
do sistema educativo actual, propoñendo un modelo de ensinanza baseado no
esforzo, o estudo e a excelencia.
Reproducimos aquí, traducida, a contraportada do libro que sintetiza
moi ben a filosofía do mesmo:
"Se a escola, como din, está en crise, non é porque sexa unha
institución vetusta, senón por ter esquecido a súa nobre función: a de reducir,
no mínimo tempo posible e no maior número de alumnos, a distancia entre a
ignorancia e o coñecemento poderoso.
Vivimos uns tempos
pedagoxicamente estraños e mesmo estúpidos. Se estúpido é aquel que carece
dunha representación crítica da súa ignorancia, ben merecen este título os que
se xactan de fomentar o pensamento crítico mentres aplican de maneira pouco
crítica experimentos xa fracasados. Que outro adxectivo merece o desprezo do
coñecemento nos centros de ensino e a énfase na felicidade por si mesma?
Hoxe, nos tempos de Google, téimase en que xa non hai coñecementos
poderosos senón buscadores potentes e competencias fluídas. De ser así, os
débiles fican desamparados e a escola, ao perder os argumentos para defender a
súa nobreza, tenta agochar as súas imperfeccións empeñándose en ser entretida.
Agora ben, eses nenos que non acharán en ningún sitio o que non encontran na
escola, non se merecen algo máis que unha escola divertida?"
(Tradución, A Marela)
23 xuño, 2020
1.250 entradas na Marela BD
A Marela BD, o blogue que recolle o noso catálogo de banda deseñada, chegou ás mil duascentas cincuenta entradas, un número algo inferior ao de volumes e obras que conforman a nosa colección.
Como xa temos comentado, a Marela BD supuxo un excelente instrumento para avaliarmos, organizarmos e adecuarmos os nosos fondos.
Reservamos o mencionado número para a primeira entrega de La sangre de las cerezas. É a nosa homenaxe a François Bourgeon e a súa lonxeva serie Les passageurs du vent: sedutoras tramas de ficción histórica, sólida documentación gráfica e argumental, extraordinario debuxo e rotundas personaxes femininas que afianzan a súa personalidade en turbulentos períodos históricos, neste caso na Comuna de París. A iso debémoslle engadir a preocupación do autor por mostrar diversas linguas minorizadas (desta, o bretón) e, así, sinalar situacións de conflito lingüístico.
Como escolta, puxémoslle dous títulos que lindan coa xenialidade: Lo que más me gusta son los montruos de Emil Ferris e El Buscón en las Indias de Juanjo Guarnido e Alain Ayroles.
21 xuño, 2020
Día Mundial da Música
Hoxe, 21 de xuño, celebramos o Día Mundial da Música, e facémolo cunha máis que interesante achega do profesor de música Severiano Casalderrey.
O vídeo, que tiña como destinatario o alumnado de 2º ESO, sérvenos a toda a comunidade educativa para coñecermos máis sobre seis dos estilos máis representativos de finais do século XX.
En palabras do propio Severiano "son propostas moi populares que permitirán gozar das súas peculiaridades máis rechamantes".
Os seis estilos presentados son: Dance-Pop, New Wave, Heavy Metal, Hip Hop, Grunge e Pop Latino.
O vídeo, que tiña como destinatario o alumnado de 2º ESO, sérvenos a toda a comunidade educativa para coñecermos máis sobre seis dos estilos máis representativos de finais do século XX.
En palabras do propio Severiano "son propostas moi populares que permitirán gozar das súas peculiaridades máis rechamantes".
Os seis estilos presentados son: Dance-Pop, New Wave, Heavy Metal, Hip Hop, Grunge e Pop Latino.
19 xuño, 2020
Liberdade de expresión: solidariedade con Aroeira
Na nosa sección Literiatura, acudimos frecuentemente a autores brasileiros. Hoxe, un deles vese seriamente ameazado polo goberno e, con el, a liberdade de expresión. Velaquí o manifesto promovido na súa defensa:
"Nós, artistas, escritores, jornalistas, cientistas e professores, que não podemos viver e trabalhar sem democracia e liberdade, repudiamos frontalmente a declaração do Sr. Ministro da Justiça, André Luiz Mendonça, que ameaçou instaurar inquérito contra o grande artista gráfico Renato Aroeira. O ministro viu ameaças à "segurança nacional" (sic) numa charge em que Aroeira ironiza as falas do Presidente da República incitando seus seguidores a invadirem e filmarem hospitais. Ao dizer que um desenho de humor leva perigo à integridade do Estado, o ministro expressa um delírio fanático e alimenta as fantasias totalitárias dos criminosos que promovem ataques crescentes contra a democracia no Brasil.Se o queres asinar, pódelo facer aquí.
Não aceitamos mais delírios obscurantistas. Não aceitamos intimidações. Abaixo o autoritarismo.
E amparados no Artigo Quinto da Constituição Brasileira, dizemos "não" à censura, em solidariedade ao artista Renato Aroeira e ao jornalista Ricardo Noblat, que postou a charge em seu “Blog do Noblat”. "