Páxinas

25 xuño, 2020

La escuela no es un parque de atracciones


Como ramo a este curso anómalo, a Biblioteca faise eco do ensaio La escuela no es un parque de atracciones de Gregorio Luri, unha indispensable recomendación para o verán. 
O libro analiza a problemática do sistema educativo actual, propoñendo un modelo de ensinanza baseado no esforzo, o estudo e a excelencia. 


Reproducimos aquí, traducida, a contraportada do libro que sintetiza moi ben a filosofía do mesmo:

"Se a escola, como din, está en crise, non é porque sexa unha institución vetusta, senón por ter esquecido a súa nobre función: a de reducir, no mínimo tempo posible e no maior número de alumnos, a distancia entre a ignorancia e o coñecemento poderoso.

 Vivimos uns tempos pedagoxicamente estraños e mesmo estúpidos. Se estúpido é aquel que carece dunha representación crítica da súa ignorancia, ben merecen este título os que se xactan de fomentar o pensamento crítico mentres aplican de maneira pouco crítica experimentos xa fracasados. Que outro adxectivo merece o desprezo do coñecemento nos centros de ensino e a énfase na felicidade por si mesma?

Hoxe, nos tempos de Google, téimase en que xa non hai coñecementos poderosos senón buscadores potentes e competencias fluídas. De ser así, os débiles fican desamparados e a escola, ao perder os argumentos para defender a súa nobreza, tenta agochar as súas imperfeccións empeñándose en ser entretida. Agora ben, eses nenos que non acharán en ningún sitio o que non encontran na escola, non se merecen algo máis que unha escola divertida?"

 (Tradución, A Marela)

Ningún comentario:

Publicar un comentario