Páxinas

18 outubro, 2020

Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos

Hoxe, 18 de outubro, conmemoración do Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos con fins de explotación sexual, queremos sensibilizar a comunidade escolar achegando datos estatísticos sobre esta terrible lacra social:
 
España é o primeiro país de Europa de tránsito de mulleres vítimas de trata e o terceiro do mundo en consumo de prostitución. Un 32,1% dos homes españois recoñecen consumir sexo de pago e ao redor do 90% da prostitución consumida en Galicia está controlada por mafias. Estes son algúns dos datos que reflicten a dimensión dun negocio do que se alerta á comunidade internacional coa celebración o 18 de outubro do Día europeo contra a trata de seres humanos, mediante a campaña Corazón Azul, promovida pola ONU.
 
 Para seguir informándote preme no cartel:
 
 

E para máis información sobre esta problemática preme aquí:

A biblioteca, como non, fornece documentación sobre o problema, recomendando unha vez máis a lectura do cómic “Esclavas” de Alicia Palmer e Bosco Rey-Stolle do que podedes obter plena información na Marela BD e que por suposto a biblioteca pon a dispor da comunidade educativa. Tamén podedes descargalo libre e gratuitamente, en PDF, desde o sitio de Bosco Rey-Stolle.

Ningún comentario:

Publicar un comentario