Páxinas

13 maio, 2021

Itinerario da Memoria histórica de Lalín

Os vindeiros 19 e 20 de maio, o alumnado de 4º da ESO B e C participará na actividade "Itinerario da Memoria histórica de Lalín", percorrido memorialista organizado e coordinado pola profesora Alba Payo, quen describe o obxectivo da actividade da seguinte maneira: 
"Os ecos do pasado non só están nos libros de texto. Se apartamos a vista do móbil, descubriremos o devir da historia moi preto de cada un de nós. Atrás queda a Guerra Civil e unha Ditadura da que non queremos dar conta, en demasiadas ocasións, por incómoda. Mais a historia está aí para molestarnos, advertirnos e ensinarnos. 
Nesta viaxe imos espertar a memoria de Lalín a través do nomenclátor das rúas, a simboloxía falanxista e os cambios funcionais de certos edificios con fortes connotacións históricas ou o seu derrubamento especulativo. Este itinerario pretende evitar a desmemoria do próximo e ser unha homenaxe ás vítimas da Guerra Civil e da Ditadura".

 
A seguir o rueiro memorialista:

E ao abeiro do Itinerario memorialista lembramos a activade O home do saco desenvolvida a raíz da lectura de Erros e tánatos de Gonzalo Navaza, que nos mostra “Unha viaxe por Lalín a través do tempo

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario