Páxinas

20 maio, 2021

Itinerario da Memoria histórica de Lalín : 2ª saída

Pola mañá o alumnado de 4º da ESO B fixo o programado percorrido polo Itinerario da memoria histórica de Lalín da man da profesora Alba Payo. E ao igual que a saída anterior, o alumnado foi coñecendo cada detalle histórico das diferentes etapas do itinerario, comentando algunhas lembranzas de feitos recentes relacionados coa memoria histórica lalinense. 
A seguir a reportaxe fotográfica da actividade. As fotos son da profesora reporteira Marta Otero. Unha proposta, trata de situar cada foto no espazo memorialista concreto:
 

Posando os de 4º B coa profesora logo da experiencia

Tamén podedes ler a información sobre a actividade que recolleron nas súas páxinas locais Faro de Vigo e La Voz de Galicia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario