17M
Recitando a Xela é o recoñecemento e a homenaxe que o noso instituto rende a Xela Arias co gallo do Día das Letras Galegas.
Recitando a Xela achéganos á
dimensión humana e literaria da homenaxeada.
A profesionalidade coa que
alumnado de 1º e 4º da ESO recita os poemas non ofrece discusión ningunha, coa impagable coordinación e asistencia técnica de Carmen, Lara e Uxía.
Que este vídeo, edición de Severiano Casalderrey, sobre a loada figura de Xela, sirva para
incrementar a presenza acotío da lingua galega, perpetuando no tempo as mil
primaveras máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario