Páxinas

30 xuño, 2021

Códice Rico e Códice dos Músicos : de libre consulta na Rede

A literatura galega e universal, a cultura, a historia, a música, a banda deseñada... están de parabéns, estamos todas e todos, xa que por fin poden ser consultados en liña o Códice Rico que recolle 193 composicións, con notación musical e 1.264 miniaturas;

e o Códice dos Músicos ou Escurialense, que inclúe 417 cantigas con 40 miniaturas e notación musical.

Son dous dos catro manuscritos das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio que neste caso garda a biblioteca do mosteiro de San Lorenzo do Escorial, que mellor nova para celebrar o oitavo centenario de Afonso X. 
No seu momento, a Real Academia Galega solicitou a Patrimonio Nacional que ambos libros puidesen ter libre acceso na Rede, como xa ocorría cos outros dous códices, conservados na Biblioteca Nacional de España e mais na de Florencia. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario