Páxinas

01 xuño, 2021

IV Olimpíada Galega de Historia

Como xa compartimos no Facebook, na que foi a primeira participación do centro, o equipo A cuádrupla alianza dos guerreiros de Cristo, coordinado polo profesor Jorge Cepeda e integrado por Alba Fernández Blanco, Rodrigo Fernández Fernández, Xulia Ferradás Rodríguez, e Antía Framiñán López de 4º da ESO chegou a semifinais, acadando un dos diplomas na IV Olimpíada Galega de Historia, organizada pola Facultade de Historia do Campus de Ourense, Universidade de Vigo.

E non podía faltar a foto-homenaxe de recoñecemento ao equipo. Aquí os tedes nun dos espazos de Historia da Biblioteca posando coas medallas e o trofeo:

A prensa, Faro de Vigo e La Voz de Galicia, fíxose eco da noticia nas súas páxinas.

Moitos parabéns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario