Páxinas

04 febreiro, 2022

Coa nosa xente

De novo máis parabéns para a nosa xente, neste caso traemos a esta sección a Rubén Varela Fernández que vén de ser distinguido cun accésit pola Real Academia de Farmacia de Galicia polo seu labor investigador na categoría de menores de 35 anos.

Canto ao seu traballo de investigación sobre o Tratamento farmacolóxico do queratocono, a USC achéganos na súa páxina web a resolución de tal distinción:

O accésit de excelencia que, no marco deste mesmo galardón, serviu para distinguir a Rubén Varela Fernández, recoñece unha investigación interdisciplinaria para o tratamento farmacolóxico do queratocono deformidade crónica da córnea, como alternativa aos actuais métodos clínicos invasivos. O traballo publicouse o ano pasado na revista ACS  Applied Interfaces  and  Materials. Varela Fernández pertence ao Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, así como ao grupo interdisciplinario en Tecnoloxía Farmacéutica, Inmunobioloxía parasitaria e Parasitose Hídricas (PARAQUASIL) e á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS).

 
O noso Rubén Varela Fernández, a foto é de 2º de Bac. do curso 2011-2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario