Páxinas

31 marzo, 2022

Día das Artes Galegas : LAXEIRO

 

Galería Montenegro
 
"Laxeiro é unha figura central da cultura galega do século XX pola súa achega á renovación e vangarda nas artes. O seu impacto no mundo da creación artística, 25 anos despois do seu falecemento, segue a ser incuestionable, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Pero a pegada de Laxeiro non só se circunscribe a este ámbito. O artista lalinense conseguiu a aprobación popular dos galegos máis alá do ámbito pictórico e académico."
 
A celebración é un "motivo neste caso para afondar e difundir a figura de Laxeiro, decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX, cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre presente comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo"

E nesta liña de difundir a arte galega e a figura de Laxeiro, o noso alumnado do Bacharelato de Artes gozará, no Día das Artes Galegas, da obra de Laxeiro no Museo de Pontevedra, acompañados da profesora María Armada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario