Páxinas

08 abril, 2022

Paskekrim

En Noruega é unha tradición da Semana Santa  que as casas e as rúas se enchan de narcisos e outras flores amarelas para celebrar a chegada da primavera, así como ir descansar uns días nas cabanas e comer chocolate. Pero hai outra tradición que nos chamou moito a atención, o Paskekrim, é dicir a lectura de novela negra, de detectives, de suspense e mesmo de terror.

Todo empezou cando na Pascua de 1923 Harald Grieg, da Editorial Gyldendal, publicou, nun dos xornais de maior tiraxe daquela altura, o seguinte anuncio “Tren de Bergen saqueado durante a noite”.  A intención era dar publicidade a unha novela policial, pero coma no caso do programa radiofónico baseado en A guerra dos mundos de H. G. Wells, moita xente pensou que o asalto ao tren era real. E a partir de aquí a lectura de novela negra na Semana Santa xa é un clásico entre os noruegueses.

Deixámosvos aquí unha pequena mostra da literatura galega deste xénero, pero se vos achegades á Biblioteca Mario Pereira poderedes atopar moito máis.

Que gocedes da lectura.














Ningún comentario:

Publicar un comentario